top of page

Noia Portus Apostoli FS – MRB Móstoles FS en cuartos da Copa de España Xuvenil


Venres, 24/01/2025 · 16:40h | Os noieses buscarán o pase a semifinais ante o líder do grupo 4 o 11 de abril na Rexión de Murcia.


O sorteo realizado este mediodía na Sala Iberia da Cidade do Fútbol de Las Rozas xuntou a Noia Portus Apostoli FS e MRB Móstoles FS como rivais nos cuartos de final da Copa de España Xuvenil FS, o vindeiro 11 de abril na Rexión de Murcia.


A bola noiesa foi a primeira en saír, colocando aos de Daniel Ventoso no lado esquerdo do cadro, no que tamén están, aparte do MRB Móstoles FS, o Futsal 54 Mataró CE e o Trepalio León Sala. Os gañadores de ambas eliminatorias enfrontaranse en semifinais o 12 de abril. Polo outro lado do cadro, o sorteo dirimiu os cruces EOM Equipo Jurídico Paraíso Interior FS – Wanapix Alagón Multiservicio AD Sala 10 e SD Colegio El Pilar Valencia de la FEMDL – Doctoral FS.



MRB Móstoles, un dos opoñentes máis fortes

Xunto ao Trepalio León Sala e o Wanapix Alagón Multiservicio AD Sala 10, o MRB Móstoles FS é un dos tres clasificados que logrou o campionato de inverno do seu grupo con pleno de vitorias. 15 triunfos en 15 partidos, 127 goles a favor e 30 en contra, os mostoleños dominaron un grupo 4 sempre moi competente, no que se impuxeron con 5 puntos de diferenza sobre os seus veciños do CDE Móstoles Futsal.

Comments


bottom of page