top of page

Ruy Caamaño e Tiago Rodríguez, á fase previa do Campionato Galego de Seleccións Comarcais


Xoves, 05/12/2024 · 17:15h | Co combinado santiagués das categorías Infantil y Alevín, respectivamente, en Marín.


Chega este venres 6 a fase previa do Campionato Galego de Seleccións Comarcais, e nel estarán dous xogadores da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS: Ruy Caamaño, co Infantil, e Tiago Rodríguez, co Alevín.


Ambos xogarán tres encontros, fronte a Ourense, Pontevedra e Vigo, durante o día na localidade pontevedresa de Marín, entre os pavillóns Sequelo e o do Colexio San Narciso. Os dous primeiros clasificados de grupo pasarán á fase final, que se disputará o 23 de decembro en As Pontes.


Horarios Selección de Santiago Infantil

·Santiago vs Ourense | 10:30h | Pavillón Sequelo (Marín)

·Pontevedra vs Santiago | 13:30h | Pavillón Sequelo (Marín)

·Santiago vs Vigo | 18:00h | Pavillón Sequelo (Marín)


Horarios Selección de Santiago Alevín

·Santiago vs Ourense | 11:30h | Pavillón Sequelo (Marín)

·Pontevedra vs Santiago | 16:00h | Pavillón Sequelo (Marín)

·Santiago vs Vigo | 19:00h | Pavillón do Colexio San Narciso (Marín)

ความคิดเห็น


bottom of page