O torneo disputarase na Rexión de Murcia entre o 15 e o 21 de abril, coa presenza do xogador da nosa Escola Deportiva no combinado galego.
A vindeira semana teremos a un dos nosos pugnando por ser campión de España. Ruy Caamaño, xogador de categoría Alevín da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS, disputará o campionato nacional de seleccións autonómicas con Galicia Sub-12, que se albergará na Rexión de Murcia entre o 15 e o 21 de abril.
A Selección Galega está encadrada na fase de grupos con Ceuta, Melilla e a Comunitat Valenciana, contra as que xogará os primeiros tres encontros do campionato nos seguintes horarios:
Ceuta vs Galicia · Mércores 17 de abril ás 11:30h
Melilla vs Galicia · Xoves 18 de abril ás 11:30h
Comunitat Valenciana vs Galicia · Venres 19 de abril ás 11:30h
Moita sorte e a desfrutar da experiencia, Ruy!
Comments