top of page

Ruy Caamaño, convocado coa Selección Galega Sub-12

O xogador do Alevín Pirata formará parte este luns 22 do primeiro adestramento do combinado de cara ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas.

(foto: Manuel Lorenzo)

As Seleccións Galegas de categorías inferiores volven a fixarse no Noia Portus Apostoli FS. Neste caso, trátase do combinado da Sub-12, que chamou a filas a Ruy Caamaño para participar no primeiro adestramento de preparación e pre-selección en vistas ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas.


Ruy, que xoga no Alevín Pirata, adestrará co equipo dirixido por Benigno García “Nino” este luns 22 de xaneiro ás 18:45h no Municipal de Boqueixón. O Campionato de España de Seleccións Autonómicas disputarase na categoría Sub-21 en Murcia, do 17 ao 21 de abril.


Moita sorte e a gozar ao máximo desta experiencia, Ruy!


Comments


bottom of page