top of page

Umbro e o Noia Portus Apostoli FS, tres temporadas máis xuntos

O club aumenta a súa relación coa marca de roupa deportiva ata o exercicio 2025/2026.
O director xeral noiés, Javier Barreiro, e o CEO de Umbro Iberia, Beni Moret, rubrican o acordo (foto: Manuel Lorenzo)

Umbro continuará sendo o sponsor técnico do Noia Portus Apostoli FS durante tres temporadas máis, ata a 2025/2026, prolongando un vínculo que comezou no curso 2020/2021, vestindo desde entón a todos os equipos da entidade.


O club e a firma deportiva fixeron oficial o acordo aproveitando a recente viaxe Antequera, co simbólico apretón de mans entre o director xeral noiés, Javier Barreiro, e o CEO de Umbro España, Beni Moret.


Da man de Umbro logramos grandes conquistas nos últimos anos, e oxalá siga sendo así nos que veñen por diante!

bottom of page