Xoves, 12/09/2024 · 19:05h | Club e marca renovan a súa vinculación por 2 temporadas máis.
A unión entre Noia Portus Apostoli FS e Estrella Galicia continuará durante as seguintes 2 temporadas. Severino Barreiro, presidente do Club, e Adrián Rial, responsable comercial de Estrella Galicia, rubricaron o reforzo do acordo de patrocinio entre ambas entidades na mañá deste xoves cun acto no Municipal Agustín Mourís.
A globalmente recoñecida marca da empresa Hijos de Rivera, S. A. iniciou o seu apoio ao Portus Apostoli en 2022, na previa da histórica estrea na Primeira División FS. Desde ese momento, o logo de Estrella Galicia loce no pavillón de xogo dos noieses e Cabreiroá é a auga coa que se hidratan os xogadores do Noia e que formou parte dos logros das últimas dúas campañas, como a participación no PlayOff polo título de Primeira, dous campeonatos de Copa Galicia e a permanencia na elite por terceiro curso consecutivo.
“Desde Estrella Galicia estamos orgullosos de patrocinar ao Noia Portus Apostoli FS”
Severino Barreiro, presidente do Portus Apostoli, recoñecu que “para nós é un orgullo poder representar a unha marca tan importante como Estrella Galicia por toda España”. Pola súa parte, Manuel Eiroa, responsable de patrocinios deportivos Iberia de Estrella Galicia, reflicte que “estamos orgullosos de patrocinar ao Noia Portus Apostoli FS. Sen dúbida un equipo aguerrido que pon o nivel do fútbol sala no máis alto a nivel nacional. Continuamos así o noso apoio co obxectivo de acompañar ao Club no camiño, desexando todos os éxitos no futuro”.
Kommentare