Baño de masas na Casa do Concello
- Departamento prensa Noia PA FS
- May 28
- 1 min read

Mércores, 28/05/2025 · 12:15h · Imaxe: Foto Pichero | Días despois de lograr a permanencia en Primeira División FS, o plantel do Portus Apostoli viviu unha espectacular recepción na Casa do Concello de Noia.
Noia continúa volcada co seu equipo. Así quedou demostrado este martes, coa recepción oficial realizada polo Concello de Noia ao Portus Apostoli, á que acudiu tamén un gran número de afeccionados que non quixeron perder a oportunidade de volver a vibrar cos seus por última vez esta temporada.
O acto estivo presidido por Santiago Freire, alcalde de Noia, acompañado por varios membros máis da corporación municipal. Por parte do Club, ademais do plantel e o corpo técnico, tamén estiveron presentes o presidente, Severino Barreiro, e o director xeral, Javier Barreiro como representantes da directiva. Todos eles no seu turno de palabra tiveron a ben recoñecer o gran traballo realizado polo equipo este curso para sobrepoñerse ás dificultades na Liga, conseguir unha cuarta consecutiva Copa Galicia FS e agradecer a boa sintonía entre Concello e Entidade.
Tras as declaracións e o reparto de obsequios, chegou o turno de realizar unha foto de familia, expresión que, vistas as probas, é máis que unha realidade.
תגובות