PREVIA X9 LIGA PRIME FUTSAL – TORNEO APERTURA | Viña Albali Valdepeñas - Noia Portus Apostoli FS | A cortar a xeira no ‘Inferno’

O Noia Portus Apostoli FS regresa do seu particular parón este sábado 21 ás 13:00h, cando visitará ao Viña Albali Valdepeñas en duelo da 9ª xornada do Torneo Apertura da Liga Prime Futsal.
Tras disputar antes que o resto o seu compromiso da xornada 8 e descansar a pasada fin de semana, os noieses chegarán ao Virgen de la Cabeza en 13º lugar con 7 puntos en 7 partidos xogados (pendente o da 4ª data contra o Barça), formando parte dunha apretada zona da clasificación, na que hai oito equipos separados por só seis unidades da 7ª á 14ª praza. Nesas, o conxunto branco persigue un triunfo que lles faría mirar para arriba na táboa e, además, serviría de bálsamo para eliminar unha racha de tres partidos seguidos perdendo, claramente condicionada pola enfermería.

En canto ás baixas, confirmadas polo momento catro novedades, cun destacado regreso. Once meses despois, Leozin entra na convocatoria, tras realizar a súa primeira semana completa co grupo. Así mesmo, tamén poderá contar cos tres internacionais (Mykytiuk, Altamirano e Juampi Cuello) ausentes no anterior encontro. Máis e necesaria madeira para intentar asaltar o ‘Inferno da Mancha’ por terceira vez en cinco anos na elite e sumar uns importantes puntos a todos os niveis.
Ante un sólido Viña Albali Valdepeñas
Polo ambiente que xera a súa afección e a fortaleza como local do equipo vinateiro, o Portus Apostoli desprázase a unha das pistas máis esixentes do campionato. Desde a súa chegada en verán de 2025, o ex técnico noiés Marlon Velasco, xunto a outro vello coñecido como Lluc de segundo, construíron un Viña Albali Valdepeñas que destaca polas súas poucas fisuras defensivas e o desequilibrio atacante co un contra un e as incorporacións do seu porteiro Pato. Disputados oito encontros, o cadro valdepeñeiro ocupa a 9ª posición con 10 puntos, con dous empates nos seus dous últimos partidos (4-4 fronte ao Córdoba Patrimonio de la Humanidad e 6-6 no derbi en Manzanares). Con 6 dianas, o habilidoso á Torres é o máximo goleador, seguido polos 4 de Carrasco e os 3 de João Silveira e o ex noiés Álex Naranjo.
Declaracións previas
O desprazamento
A expedición branca arrancou en bus o venres pola mañá, tras completar no Agustín Mourís o último adestramento previo. Chegada prevista ao hotel de concentración na noite do venres.
Emisión en directo
En directo a través de Teledeporte, RTVE Play e DAZN (baixo a subscripción ‘Premium’ ou ‘Fútbol’).
Árbitros
Iván López Galiano, do comité catalán, e Jorge González Moreta, do comité madrileño. Balance con López Galiano de tres derrotas; con González Moreta, cinco gañados, dous empatados e catro perdidos.
Precedentes (balance oficial: 4V-2E-6D)
·7 de outubro de 2017 | X4 Segunda División FS 2017/2018 | NPA 1-4 VAV
·3 de febreiro de 2018 | X19 Segunda División FS 2017/2018 | VAV 3-2 NPA
·15 de decembro de 2020 | 1/8 de final Copa do Rei FS 2020/2021 | NPA 1-4 VAV
·23 de outubro de 2022 | X5 Primeira División FS 2022/2023 | VAV 3-4 NPA
·18 de febreiro de 2023 | X20 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 8-2 VAV
·14 de outubro de 2023 | X5 Primeira División FS 2023/2024 | VAV 2-4 NPA
·24 de febreiro de 2024 | X20 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 4-4 VAV
·7 de decembro de 2024 | X10 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 0-1 VAV
·26 de abril de 2025 | X27 Primeira División FS 2024/2025 | VAV 4-1 NPA
·27 de setembro de 2025 | X4 Primeira División FS 2025/2026 | NPA 3-1 VAV
·18 de febreiro de 2026 | 1/4 de final Copa do Rei FS 2025/2026 | NPA 4(4)-4(5) VAV
·28 de marzo de 2026 | X23 Primeira División FS 2025/2026 | VAV 3-2 NPA





Comments