top of page

PREVIA X9 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – ADAMO Xove FS | Hora de reaccionar


Venres, 08/11/2024 · 19:25h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Guille Murillo tratarán de revertir a dinámica negativa ante outro duro rival este domingo 10 a partir das 12:30h.


O Filial noiés recibe este domingo 10 ás 12:30h ao ADAMO Xove FS no Agustín Mourís, no que será unha oportunidade para os de Guille Murillo de mudar a inercia das últimas citas.


As tres derrotas consecutivas que acumulan os filialistas frearon o que fora un máis que notable comezo nas primeiras datas do debut na Segunda División “B” FS. A piques de entrar no último terzo da primeira volta, os brancos buscarán apoiarse no seu feudo para deixar atrás as malas sensacións e volver ao bo camiño.


Para nada será tarefa sinxela, xa que visitará o Mourís outro equipo considerado entre os mellores do grupo. O ADAMO Xove FS conta nas súas filas con xogadores cun largo historial incluso en Primeira División FS, tal é o caso de Matamoros, Edu ou Iago Míguez. Os verdes, que veñen nunha inversa racha de 3 triunfos consecutivos, son 5º con 16 puntos e continúan enganchados a esa zona alta do campionato.


Dela está máis lonxe, froito desta adversa dinámica, un Portus Apostoli “B” que é 11º con 8 puntos. Volver a mirar máis para arriba que para abaixo pasa por recuperar sensacións e bos resultados, e o Filial xa non quere perder máis tiempo.


 

Precedentes

·17 de outubro de 2021 | X5 Terceira División FS – Grupo VIII 2022/2023 | NPA “B” 2-4 XOV


·12 de febreiro de 2022 | X20 Terceira División FS – Grupo VIII 2022/2023 | XOV 12-0 NPA “B”


·17 de decembro de 2022 | X14 Terceira División FS – Grupo VIII 2022/2023 | NPA “B” 0-3 XOV


·29 de abril de 2023 | X29 Terceira División FS – Grupo VIII 2022/2023 | XOV 8-2 NPA “B”


Comments


bottom of page