top of page

PREVIA X9 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – Deportivo Laviana FS | Distinta casa, mesmo obxectivo

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Nov 7
  • 1 min read
Venres, 07/11/2025 · 17:52h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas múdanse de maneira puntual ao Pavillón Alonso Rodríguez para disputar a novena xornada (sáb. 08/11, 20:00h. TV: gs360play.com).
Venres, 07/11/2025 · 17:52h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas múdanse de maneira puntual ao Pavillón Alonso Rodríguez para disputar a novena xornada (sáb. 08/11, 20:00h. TV: gs360play.com).

O Noia Portus Apostoli FS “B” recibe este sábado 8 ás 20:00h ao Deportivo Laviana FS asturiano. E farao cambiando de maneira excepcional o seu feudo, o Agustín Mourís, polo Pavillón Alonso Rodríguez.


Os de Chipi tratarán de evitar que o traslado puntual afecte á súa fortaleza como local para sumar uns novos tres puntos ao seu saco. Precisamente en superar escollos se está especializando o cadro branco, co último exemplo recente no triunfo do pasado venres en Xove. O quinto da temporada, que os mantén 4º con 16 unidades, unha fantástica praza que os noieses pretenden seguir ostentando unha semana máis.


Unha estrea que se foi torcendo para o Deportivo Laviana FS


O conxunto asturiano empezou na nube o curso do seu debut na Segunda División “B” FS, grazas a unha vitoria e dous empates nas tres primeiras xornadas. Porén, a continuación seguiron cinco derrotas consecutivas para o Deportivo Laviana FS que, 15º con 5 puntos, loitará en chan noiés por realzar o seu voo.



Emisión en directo

O partido poderase seguir en directo, gratis e previo rexistro a través de gs360play.com.


Árbitros

Adrián Figueroa Veiga e Tania María Penabad Canel.


Precedentes

Será o primeiro enfrontamento histórico entre ambos equipos.

Comments


bottom of page