O Filial perseguirá un novo triunfo, o noveno en nove partidos, este domingo 12 a partir das 12:30h no Municipal Agustín Mourís.
O líder da Terceira División FS busca engadir un triunfo máis ao seu casilleiro na xornada 9 que se lle presenta este domingo 12, en horario novidoso, co Praias de Barreiros CD visitando o Agustín Mourís ás 12:30h.
De Gondomar, no seu enfrontamento co Baíña FS – Granichan, trouxo o Portus Apostoli “B” a súa oitava alegría en oito partidos, mantendo así un liderado en solitario con distancia de 3 puntos co Distrito Ventorrillo FS. O obxectivo dos noieses, seguir nesta dinámica perfecta, pico e pa, sumando para poñer máis terra de por medio.
Este domingo preséntase unha nova oportunidade, ademais nun Mourís no que se están a amosar especialmente imparables. Porén, os de David Palmas gardan poucas confianzas a un Praias de Barreiros CD que, a pesar de ir 12º con 9 puntos, xa demostrou ser capaz de superar a equipos de entidade da categoría como SD Pazos de Borbén FS ou Ribeira FS. No seu último partido, os da provincia de Lugo caeron por 2-5 fronte o Cidade de Narón.
A punto de cumprir o primeiro terzo ligueiro, é clave para o Filial non tropezar con ningunha das pedras que se interpoñen no camiño, cada vez con máis ganas de ser os que rompan a racha perfecta dun equipo en estado de graza, pero consciente da dificultade que entraña cada encontro.
Árbitros
Adrián García López e Yago Seijas Piñeiro.
Precedentes
·12 de decembro de 2021 | X13 Terceira División FS 2021/2022 | NPA “B” 6-3 BAR
·23 de abril de 2022 | X28 Terceira División FS 2021/2022 | BAR 1-6 NPA “B”
·22 de outubro de 2022 | X6 Terceira División FS 2022/2023 | NPA “B” 6-3 BAR
·26 de febreiro de 2023 | X21 Terceira División FS 2022/2023 | BAR 7-5 NPA “B”
コメント