PREVIA X8 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | SD Xove FS - Noia Portus Apostoli FS “B” | Noite de Samaín en Xove
- Departamento prensa Noia PA FS

- 4 days ago
- 2 min read

O Noia Portus Apostoli FS “B” disputa este venres 31 a partir das 21:00h o seu encontro da 8ª xornada de Segunda División “B” FS, no que visitará a un rival directo, o SD Xove FS.
Os de Chipi queren continuar sumando ao seu gran inicio de temporada. En 7 partidos, tan só encaixaron dúas derrotas, logrando catro vitorias e un moi meritorio empate, o que obtiveron in extremis o pasado sábado na casa ante O Esteo FS, pasando do 2-5 ao 5-5. Resultados que colocan aos filialistas 5º con 13 puntos alcanzando o ecuador da primeira volta.
O Municipal de Xove, fortín para os seus
Non o terán nada fácil os brancos para engordar o seu casilleiro este venres. Mirando os precedentes, o Municipal de Xove trátase dun lugar hostil, xa que nunca sumaron. Ademais, o conxunto de A Mariña lucense está demostrando ser moi forte como local. En tres encontros, dúas vitorias e un empate con amplo acerto goleador. Xunto ao logrado fóra da casa, o SD Xove FS é 6º con 10 puntos e, por tanto, unha ameaza clasificatoria para os noieses en plena noite de Samaín.
Emisión en directo
O partido poderase seguir en directo, gratis e previo rexistro a través de tiivii.gal.
Árbitros
Adrián García e Sergio López.
Precedentes
·17 de outubro de 2021 | X5 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | NPA “B” 2-4 XOV
·12 de febreiro de 2022 | X20 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | XOV 12-0 NPA “B”
·17 de decembro de 2022 | X14 Terceira División FS – Grupo 8 2022/2023 | NPA “B” 0-3 XOV
·29 de abril de 2023 | X29 Terceira División FS – Grupo 8 2022/2023 | XOV 8-2 NPA “B”
·10 de novembro de 2024 | X9 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA “B” 7-3 XOV
·8 de marzo de 2024 | X24 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | XOV 4-1 NPA “B”











Comments