PREVIA X7 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – O Esteo FS | Partidazo para intentar volver a sumar de tres
- Departamento prensa Noia PA FS

- 3 days ago
- 2 min read

O Noia Portus Apostoli FS “B” recibe este sábado 25 a partir das 19:45h ao O Esteo FS, no que será un duelo entre cuarto e segundo da táboa, pola 7ª xornada ligueira.
A xeira de vitorias que acumulaban os filialistas chegou ao seu fin. Catro seguidas que significan 12 moi valiosos puntos para ver este inicio de campionato desde a zona alta. Máis concretamente tras 6 datas, na 4ª posición. A partir dela e co punto de tranquilidade que outorga, os de Chipi queren seguir medrando como equipo, e esta fin de semana enfróntanse a un bo exame na empresa.
A maxia de Adri ao servizo de O Esteo FS
Os de As Pontes de García Rodríguez tamén comezaron a temporada en gran forma. Catro vitorias, un empate e unha derrota para 13 puntos e segunda praza na clasificación. Moitos goles nos seus partidos, 11 deles a nome do máximo anotador da categoría, Jandro, e tamén moita maxia, esta a cargo de Adri. O internacional español estalle dando o salto de nivel ao O Esteo FS, que aspira a asentarse nesa persecución ao líder Exlabesa Leis Pontevedra FS.
Emisión en directo
O partido poderase seguir en directo, gratis e previo rexistro a través de gs360play.com.
Árbitros
Andrés Pinilla Boullosa e Daniel Dacal Deza.
Precedentes
·5 de outubro de 2024 | X4 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | EST 4-4 NPA “B”
·31 de xaneiro de 2025 | X19 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA “B” 2-1 EST











Comments