top of page

PREVIA X7 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – Caja Rural Atlético Benavente FS | Outro “coco” para o Filial


Venres, 25/10/2024 · 18:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses veranse as caras cos benaventanos este domingo 27 ás 17:00h.


Coa idea de deixar atrás o sucedido a pasada xornada en Alba de Tormes, o Noia Portus Apostoli FS “B” enfróntase a outro favorito ao título este domingo 27 ás 17:00h, cando recibirá no Agustín Mourís ao Caja Rural Atlético Benavente FS.


Os de Guille Murillo saíron do seu último compromiso cun mal sabor de boca, conscientes de que os seus propios erros facilitaron o triunfo do Piensos Durán Albense FS. Corrixir eses aspectos será a tarefa inicial dun Filial que ten a oportunidade de dar un golpe sobre a mesa no seu feudo, onde xa logrou o seu primeiro triunfo hai dúas xornadas.


Iso si, a empresa non será nada sinxela. Ata o momento, só un par puntos se deixou polo camiño o conxunto benaventano, un dos chamados a loitar polo campionato deste Grupo I, nun empate 7-7 contra o ADAMO Xove FS. O resto, vitorias, e varias delas contundentes, comandadas polo pichichi da categoría e internacional con España, Charlie. 10 tantos en 6 partidos para o estandarte do Club zamorano, conformado por numerosos xogadores con experiencia en categorías superiores.


Por segunda semana consecutiva, o Filial noiés tópase cun test de altísimo nivel e altura. Esta vez co apoio da súa afección, xunto á que agarda elevar o seu xogo ao máximo para regalar un gran espectáculo e pugnar polo que sería unha vitoria de enorme mérito.


 

Precedentes

Será o primeiro enfrontamento entre ambos conxuntos.

Comments


bottom of page