top of page

PREVIA X7 TERCEIRA | Noia Portus Apostoli FS “B”-5 Coruña FS | Seguir no camiño

O Filial noiés recibe ao 5 Coruña FS este domingo 29 ás 17:30h no Agustín Mourís, en busca da sétima vitoria en sete partidos da Terceira División Fútbol Sala.


Dezasete días despois, o Noia Portus Apostoli FS “B” regresará este domingo 29 a xogar como local. Farao a partir das 17:30h, diante do 5 Coruña FS, na sétima xornada da Terceira División Fútbol Sala.

O obxectivo segue sendo o mesmo e estando ben claro: sumar un novo triunfo para continuar a pugna polo liderado, principalmente co Distrito Ventorrillo, do que xa saberá o resultado ao saltar ao parqué do Mourís. Na pasada data en Culleredo, nun encontro que se complicou na fase final, os de David Palmas aprenderon a lección de que non todo o camiño será de rosas, unha valiosa aprendizaxe de cara a todo o que aínda resta de Liga.

Tampouco o poñerá nada sinxelo un 5 Coruña FS que será un opoñente especial para Lukas, Gandoy, Iván e Álex López, ao ser o club do que procederon este verán. Os coruñeses son 6º con 9 puntos en 6 choques, un botín colleitado, curiosamente, de forma exclusiva como visitante, con vitorias nas visitas a Praias de Barreiros, Outeiro de Rei e Guitiriz, feito que poñerá en aviso aos brancos. No seu último compromiso, caeron derrotados fronte o Cidade de Narón por 2-4.

Caracterizados por ser dous dos equipos máis mozos e atrevidos da categoría nas últimas temporadas, o duelo entre Portus Apostoli “B” e 5 Coruña FS asegura espectáculo e goles, o mesmo que leva definindo os partidos dos brancos, especialmente como locais, desde este extraordinario inicio de campaña polo que aspiran a continuar.


 
Árbitros

Roberto Pérez Giráldez e Alejandro Rodríguez Travieso.

Precedentes

·26 de outubro de 2019 | X7 Preferente Autonómica – Grupo Norte 2019/2020 | 5CO4-3NPA “B”


·3 de outubro de 2021 | X3 Terceira División Fútbol Sala 2021/2022 | 5CO 7-4 NPA “B”


·14 de febreiro de 2022 | X18 Terceira División Fútbol Sala 2021/2022 | NPA “B” 3-3 5CO


·2 de outubro de 2022 | X3 Terceira División Fútbol Sala 2022/2023 | NPA “B” 3-2 5CO

·29 de xaneiro de 2023 | X18 Terceira División Fútbol Sala 2022/2023 | 5CO 3-1 NPA “B”

Komentáře


bottom of page