top of page

PREVIA X6 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Piensos Durán Albense FS - Noia Portus Apostoli FS “B” | A medirse na cancha dun dos cocos


Venres, 18/10/2024 · 17:45h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O Filial branco desprázase a Alba de Tormes para enfrontarse, este sábado 19 ás 17:00h, ao terceiro clasificado.


Encontro de altura para o Noia Portus Apostoli FS “B” na sexta xornada da Segunda División “B” FS. Os de Guille Murillo visitarán ao Piensos Durán Albense FS, terceiro na táboa e un dos conxuntos máis fortes do campionato, este sábado 19 ás 17:00h.


Coas primeiras cinco xornadas no retrovisor, o Filial fai un positivo balance da súa estrea na categoría ata o momento. 2 vitorias, 2 empates e 1 derrota son os resultados, aínda que mellores son as sensacións para o que é 6º clasificado con 8 puntos. Neste seguinte ciclo de cinco partidos, os noieses afrontarán, a priori, unha subida de nivel, xa que agardan tres rivais chamados a loitar polo título de campión do Grupo I, empezando polo desta fin de semana.


Todo un clásico da categoría, o Piensos Durán Albense FS deu inicio á competición apretando forte, respondendo ás expectativas xeradas. 12 puntos de 15 posibles para os de Alba de Tormes, que só cederon no seu envite da xornada 2 contra outro dos favoritos e próximos opoñentes noieses, Caja Rural Atlético Benavente.


Ata o momento, o desempeño do Filial como debutante na Segunda División “B” FS raia no notable. Desde este sábado, veñen uns cantos exames máis, que medirán se os brancos poden ou non subir de nota.


 

Precedentes

Será o primeiro enfrontamento entre ambos equipos.

Комментарии


bottom of page