O Filial disputa este xoves 12 ás 18:45h o seu encontro da quinta xornada da Tercera División Fútbol Sala, na que tentará continuar sumando vitorias.
O Noia Portus Apostoli FS “B” afronta este xoves 12, aproveitando a condición de día festivo nacional, a xornada 5 da Tercera División Fútbol Sala, recibindo ás 18:45h no Agustín Mourís a visita do I. M. Galical Rábade FS, coa quinta vitoria consecutiva na mente.
A ritmo de martelo proseguiu o Filial a pasada fin de semana, goleando na cancha do Cidade de As Burgas por 1-8, e xa van catro partidos así. Líderes (empatados a 12 puntos co Distrito Ventorrillo FS), equipo máis goleador (32 goles, media de 8 por encontro) e menos goleado (tan só 7 encaixados), eses son os números dun Portus Apostoli “B” consciente de que aínda quedan moitas barreiras por superar, pero tamén de que vai no camiño da excelencia.
O seu rival deste xoves será un recentemente ascendido, o terceiro ata agora tras Vilalba FS “B” e Cidade de As Burgas. O I. M. Galical Rábade FS gañouse a pulso a campaña pasada a promoción de categoría, dominando a Preferente Galicia – Grupo Norte da que se proclamou campión con 76 puntos. Despois de dúas derrotas nas tres primeiras xornadas, os lucenses estrearon a conta de vitorias en Tercera División Fútbol Sala na anterior, por 3-2 contra o Cidade de Narón, que xunto ao empate fronte o Ribeira FS os sitúa 11º con 4 puntos.
Día e hora pouco habituais, pero o Noia Portus Apostoli FS “B” tentará que si continúe sendo habitual o incrible estado de forma e os resultados conseguidos ata o momento.
Árbitros
Pendente de designación.
Precedentes
·17 de novembro de 2019 | X10 Preferente Autonómica – Grupo Norte 2019/2020 | NPA “B” 6-1 RÁB
Comments