top of page

PREVIA X5 LIGA PRIME FUTSAL – TORNEO APERTURA | Jimbee Cartagena Costa Cálida - Noia Portus Apostoli FS | Volta á normalidade en Cartaxena

3 hours ago
3 min read
Xoves, 08/10/2026 · 15:30h · Imaxe: Foto Pichero | Tras a suspensión do duelo contra o Barça, os noieses regresan á competición visitando o Palacio dos Deportes de Cartagena (ven. 09/10, 21:30h. TV: DAZN).
Xoves, 08/10/2026 · 15:30h · Imaxe: Foto Pichero | Tras a suspensión do duelo contra o Barça, os noieses regresan á competición visitando o Palacio dos Deportes de Cartagena (ven. 09/10, 21:30h. TV: DAZN).

O inesperado parón termina para o Noia Portus Apostoli FS este venres 9 a partir das 21:30h, coa visita ao Jimbee Cartagena Costa Cálida pola 5ª xornada do Apertura da Liga Prime Futsal.


Primeiro retrasado e despois aprazado a unha data futura aínda no limbo, a non disputa do choque da 4ª data contra o Barça deixou aos noieses sen segunda cita seguida na casa. Na clasificación, un 9º lugar no tren de equipos con 4 puntos, iso si, tras tan só tres partidos xogados. Un reseñable botín, tendo en conta o esixente inicio de curso que formulou o calendario e que continuará no Palacio dos Deportes cartaxeneiro, ante outro dos ‘grandes’ do campionato.


O último adestramento previo, xa en Cartaxena | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
O último adestramento previo, xa en Cartaxena | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Trátase do segundo desprazamento dos brancos, que, ao igual que no único precedente, plantaranse nun escenario onde nunca gañaron, pero, neste caso, si puntuaron en dúas ocasións. Na misión de romper estatísticas e estrear ficheiro lonxe da casa, David Palmas dispoñerá, por vez primeira este curso, unha convocatoria con novidades.


Jimbee, buscando recuperarse


Se a algo non está acostumado un conxunto da entidade do Jimbee Cartagena Costa Cálida, dúas veces campión de Liga e tres da Supercopa nas últimas tres campañas, é a caer goleado como hai uns días. Os de Duda encaixaron un 8-1 en Manzanares, reflexo dun comezo irregular, no que tamén tiveron notas positivas, como o empate no Palau ou o triunfo na casa contra Wanapix. Así, sitúanse 12º cos mesmos 4 puntos que os noieses e ante a oportunidade de iniciar a recuperación no seu feudo, onde as súas prestacións sempre aumentan. Entre os nomes destacados, os internacionais españois Chemi, Pablo Ramírez, Mellado, Tomaz, Cortés e Gon Castejón, o italiano Motta ou o tailandés Osamanmusa. Como fichaxes incorporaron este verán ao peche arxentino Agustín Plaza e ao porteiro brasileiro David Allan.



Declaracións previas



O desprazamento

O equipo branco emprendeu viaxe en autobús o mércores pola noite. Ás 11:00h do xoves realizaron unha sesión de adestramento na pista auxiliar do Palacio dos Deportes de Cartagena, onde volverán o venres pola mañá para efectuar unha sesión de activación.


Emisión en directo

En directo e en exclusiva a través de DAZN (baixo a subscripción ‘Premium’ ou ‘Fútbol’).


Árbitros

Marcos Cazorla Pérez, do comité castelán-manchego, e Sergio Salomé Vizuete, do comité estremeño. Primeira vez baixo o asubío de Cazorla Pérez, balance de 1 triunfo, 1 empate e 3 derrotas con Salomé Vizuete.


Precedentes (balance oficial: 1V-2E-5D)

·6 de decembro de 2022 | X12 Primeira División FS 2022/2023 | JCT 2-1 NPA


·29 de abril de 2023 | X27 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 2-4 JCT


·2 de setembro de 2023 | X1 Primeira División FS 2023/2024 | JCT 5-5 NPA


·23 de decembro de 2023 | X16 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 2-4 JCT


·20 de novembro de 2024 | X7 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 0-5 JCT


·28 de febreiro de 2025 | X21 Primeira División FS 2024/2025 | JCT 2-2 NPA


·11 de outubro de 2025 | X6 Primeira División FS 2025/2026 | NPA 4-3 JCT


·7 de xaneiro de 2026 | X16 Primeira División FS 2025/2026 | JCT 6-1 NPA

Comments


bottom of page