top of page

PREVIA 1/4 DE FINAL XXXV COPA GALICIA FS | IES Coruxo FS - Noia Portus Apostoli FS | Comeza o reto da reconquista

12 minutes ago
2 min read
Martes, 24/11/2026 · 20:50h · Imaxe: Foto Pichero | Os noieses debutan na competición autonómica (mér. 25/11, 21:00h) co obxectivo de dar o primeiro paso para recuperar a coroa.
Martes, 24/11/2026 · 20:50h · Imaxe: Foto Pichero | Os noieses debutan na competición autonómica (mér. 25/11, 21:00h) co obxectivo de dar o primeiro paso para recuperar a coroa.

O Noia Portus Apostoli FS abre este mércores 25 a partir das 21:00h o seu camiño na XXXV Copa Galicia FS. Para dar o primeiro paso no intento da reconquista do título, os de David Palmas terán que superar nos cuartos de final ao IES Coruxo FS no seu Pavillón As Travesas vigués.


A xeira de éxitos autonómicos consecutivos freouse para os brancos en catro, coa derrota na final de Pontevedra ante O Parrulo Ferrol FS o pasado mes de abril frustrando a posibilidade de ser os primeiros en alcanzar las cinco seguidas. Agora, co inicio dunha nova edición, chega a oportunidade de volver a reclamar o trono e erguer o trofeo galegos, un dos obxectivos do Club.


Leozin volverá a xogar un partido máis de once meses despois · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Leozin volverá a xogar un partido máis de once meses despois · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Desvelado polo propio adestrador noiés, o choque deste mércores servirá tamén como proba para rapaces do Filial e a reincorporación dalgúns dos lesionados, como é caso de Leozin, quen xa entrara en convocatoria no partido ligueiro do pasado sábado en Valdepeñas. Sempre sen perder a perspectiva e a importancia de lograr a vitoria para meterse na semifinal e avanzar nunha competición ilusionante.


Reedición do duelo de hai tres campañas


Na 2023/2024, os brancos tamén arrancaron o seu concurso na Copa Galicia FS en As Travesas contra o IES Coruxo FS. Aquela temporada acabaría conquistando a terceira, nunha travesía que os noieses tratarán de repetir coa quinta este curso. Os vigueses, dirixidos por Héctor Méndez, preséntanse a este choque colíderes do Grupo 8 da Terceira División FS, superando a outro dos galos da categoría como é o Carballiño FS a pasada fin de semana (1-4). Desta forma, atravesan unha inercia positiva tanto na Liga como, evidentemente, no torneo autonómico, onde tiveron que desfacerse do ED Vigo 2015 FS (3-4) e do SD Pazos de Borbén FS (0-5) para ter a ocasión de desafiar no seu feudo a todo un conxunto da Liga Prime Futsal.



Declaracións previas


O desprazamento

A expedición noiesa arrancará o bus desde o Agustín Mourís ás 18:00h, con chegada prevista a As Travesas unha hora e media antes do partido.


Precedentes (balance oficial: 1V-0E-0D)

·1 de novembro de 2023 | 1/4 de final XXXII Copa Galicia FS 2023/2024 | COR 2-7 NPA

Comments


bottom of page