top of page

PREVIA X4 TERCEIRA | Cidade de As Burgas-Noia Portus Apostoli FS “B” | Agora, a polo 4 de 4!

O conxunto de David Palmas buscará continuar a ritmo de líder este sábado 7 de outubro a partir das 19:30h, cando visite o Municipal Oira da cidade ourensá en duelo da cuarta xornada.


O, ata agora, imparable líder Noia Portus Apostoli FS “B” tentará continuar nesa liña este sábado 7 de outubro, cando, a partir das 19:30h, se mida a domicilio co Cidade de As Burgas, en partido correspondente á xornada 4 da Tercera División Fútbol Sala.

Os noieses engadiron a pasada fin de semana unha nova goleada a favor no seu historial. O 9-1 fronte o Carballiño FS, un habitual da zona alta nas últimas temporadas, supón outra declaración de intencións dun Filial en estado de felicidade total, polo que se ve na táboa e na pista. A iso, súmase a presenza no primeiro equipo. Se en semanas anteriores xa se uniron Lukas, Pablo e Jorge aos habituais Iván e Pau, nesta foi a quenda de Álex López para estar ás ordes de Tomás de Dios.

Pero seguir respirando boas sensacións pasa só e exclusivamente por non quitar o pé do acelerador. A próxima barreira, un Cidade de As Burgas novato na competición, que é 11º con 3 puntos, logrados ante O Korreo Guitiriz FS precisamente como local, condición que terá este sábado contra os noieses. Na anterior xornada, os ourensáns caeron por 4-1 diante do Cidade de Narón.

Un de un, dous de dous, tres de tres e agora a polo catro de catro. O Noia Portus Apostoli FS “B” ten fame de máis, de continuar construíndo algo grande e importante, e o mellor para iso é gañar.


 
Árbitros

Eloy Bello Gómez e Juan Ramón Juan Mora serán os encargados de dirixir o encontro.

Precedentes

Será o primeiro enfrontamento histórico entre ambos equipos.

bottom of page