top of page

PREVIA X3 PRIMEIRA DIVISIÓN FS | ElPozo Murcia Costa Cálida FS - Noia Portus Apostoli FS | O sprint inicial acaba en Murcia

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 1 day ago
  • 3 min read
Xoves, 11/09/2025 · 18:02h · Imaxe: Foto Pichero | Antes do parón, os de David Palmas intentarán asaltar o Palacio de los Deportes de Murcia en busca do seu primeiro triunfo (ven. 12/09, 20:00h. TV: LALIGA+).
Xoves, 11/09/2025 · 18:02h · Imaxe: Foto Pichero | Antes do parón, os de David Palmas intentarán asaltar o Palacio de los Deportes de Murcia en busca do seu primeiro triunfo (ven. 12/09, 20:00h. TV: LALIGA+).

O inicio ligueiro de vertixe chega á súa fin este venres 12 ás 20:00h para o Noia Portus Apostoli FS. Os brancos afrontan na pista de ElPozo Murcia Costa Cálida FS o seu terceiro partido en 6 días, no que perseguen o primeiro triunfo da temporada.


A segunda xornada tampouco trouxo eses desexados tres puntos, pero si un moi ben valorado e que deixou sensacións e inercia positivas de cara a este venres. De aí terá que compensar o Portus Apostoli a falta de tempo para preparar como merece este complicado encontro e o gran esforzo físico que está ocasionando este frenético arranque da competición.


ree

O plantel, con ilusión e ganas a Murcia | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


Despois do asubío final en Murcia, chegará un período de 15 días sen partido, motivado polo parón de seleccións. Aínda que será unha tarefa nada sinxela, os noieses queren alcanzalo cunha suma maior que o punto logrado contra o Jaén Paraíso Interior FS para deixar atrás os dous últimos postos da táboa.


ElPozo Murcia Costa Cálida FS, a por unha temporada de redención


Desde 2017 que non ergue un gran título ElPozo Murcia Costa Cálida FS. Unha larguísima seca á que, con Josan González á fronte e o ex noiés Samu Tojo como segundo adestrador, os charcuteiros queren poñer fin esta campaña, despois de varias desilusións e finais perdidas. O técnico andaluz asumiu o posto en febreiro e empeza o seu primeiro curso completo dirixindo a un plantel con grandes nomes. Entre eles, os Marcel, Gadeia ou Rafa Santos. Ao mesmo uníronse este verán Álex García, Ligeiro, Bebe, Dener e os ex noieses Rivera e Henrique. Nas dúas primeiras xornadas, o cadro murciano suma unha derrota na casa e un triunfo como visitantes, colleitado o mércores contra Family Cash Alzira FS (1-3), o que os sitúa 7º con 3 unidades.


Declaracións previas


O desprazamento

A expedición noiesa viaxará en avión a última hora desta tarde con destino Alacante. Chegada prevista ao hotel de concentración sobre as 23:30h.


Emisión en directo

O duelo contará coa emisión en directo e en exclusiva a través de LALIGA+ (baixo suscrición), por web e app, este venres 12 a partir das 20:00h.



Árbitros

Diego Corredor Corredor, do comité andaluz, e Ricardo García-Carpintero López, do comité castelán-manchego. Será a primeira vez que ambos arbitren ao Portus Apostoli en Primeira.


Precedentes (balance oficial: 1V-3E-3D)

·30 de novembro de 2021 | 1/16 de final Copa do Rei FS 2021/2022 | NPA 5-3 ELP


·15 de outubro de 2022 | X4 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 2-2 ELP


·3 de febreiro de 2023 | X19 Primeira División FS 2022/2023 | ELP 7-2 NPA


·28 de outubro de 2023 | X8 Primeira División FS 2023/2024 | ELP 5-5 NPA


·8 de marzo de 2024 | X23 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 3-5 ELP


·26 de outubro de 2024 | X3 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 3-3 ELP


·28 de marzo de 2025 | X23 Primeira División FS 2024/2025 | ELP 3-1 NPA

Comments


bottom of page