Os brancos visitan este sábado 23 ás 19:00h a cidade viguesa co obxectivo de prolongar as boas sensacións da estrea.

O Noia Portus Apostoli FS “B” afronta o seu primeiro desprazamento da temporada este sábado 23, cando visite ás 19:00h ao ED Vigo 2015 FS na pista do Pavillón Universitario CUVI en partido da segunda xornada da Tercera División Fútbol Sala.
Dar continuidade ao traballo ben feito no debut e, sobre todo, conquistar os tres puntos son os obxectivos do Filial, consciente da importancia de reunir a maior cantidade de unidades posible neste tramo inicial para manterse arriba na táboa. Actualmente, tras un encontro, ocupan unha simbólica segunda praza, empatados con outros sete conxuntos, e convertela en real pasa por sumar.
O mesmo persegue o Vigo 2015, que, ao igual que os nosos, tamén comezou a campaña con sorriso, dobregando ao Cidade de Narón a domicilio por 2-4. Acostumados a rondar pola zona de PlayOff de ascenso, xogándoa na 21/22, os laranxas pretenderán asaltala e establecerse canto antes.
Duelo entre vigueses e noieses, que nos últimos anos asegura goles, espectáculo e emoción, e, no caso de que alguén leve os tres puntos, dará un empuxón sempre agradecido ao seu inicio de temporada.
Árbitros
Héctor Pérez Álvarez e Nicolás Villegas Sordo serán os encargados de dirixir o encontro.
Precedentes (últimos 5 enfrontamentos)
·10 de abril de 2021 | X18 Terceira División 2020/2021 | VIG 5-3 NPA “B”
·9 de xaneiro de 2022 | X15 Terceira División 2021/2022 | NPA “B” 2-0 VIG
·7 de maio de 2022 | X30 Terceira División 2021/2022 | VIG 6-0 NPA “B”
·7 de xaneiro de 2023 | X15 Terceira División 2022/2023 | VIG 5-3 NPA “B”
·4 de maio de 2023 | X30 Terceira División 2022/2023 | NPA “B” 5-5 VIG
Comments