top of page

PREVIA X29 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – San Cristóbal Cochinillo Tabladillo | A por unha vitoria de campionato!

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 3 days ago
  • 2 min read

Sábado, 17/05/2025 · 14:20h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Tres puntos nesta penúltima xornada (dom. 18/05, 12:30h) farían campións do Grupo 1 aos de Daniel Ventoso.


Unha fin de semana especial por diante para o Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS. Con 1 punto de diferenza (tras a vitoria de hoxe do 5 Coruña FS) e 6 por disputarse, os noieses están ante a súa segunda opción de título, primeira na que dependen de si mesmos. Os brancos proclamaríanse campións do Grupo 1 en caso de gañar este domingo 18 ás 12:30h contra o CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo.


Pase o que pase, será si ou si o último partido como local na Liga regular dos de Daniel Ventoso esta campaña. E dicímolo así porque, de conquistar o campionato ligueiro, volverían a xogar no Mourís dúas semanas despois, na fase previa do Campionato de España Sub-19 de Clubes ante o 2º do grupo 5, como definiu o sorteo realizado o pasado martes.


Pero os noieses terán diante este domingo novamente a un duro opoñente que quererá aprazar os seus ánimos. O CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo chega a esta penúltima data en 7ª praza con 54 puntos, a tan só 1 da 3ª, nunha apretada batalla de cinco equipos por ese último posto do podio. No seu último compromiso, os segovianos superaron ao Sibuscascoche Ribeira FS (6-1), facendo gala do seu gran acerto goleador.


Tras moitos meses de traballo, de vivir novas experiencias, gozar os grandes momentos e, tamén, aprender dos menos bos, chega unha fin de semana ilusionante, que pode culminar un camiño extraordinario da mellor maneira posible.



Precedentes

·11 de xaneiro de 2025 | X14 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | CRI 5-6 NPA

bottom of page