top of page

PREVIA X29 TERCEIRA | Noia Portus Apostoli FS “B” – Cidade de Narón | Última cita na casa

O campión disputa, este domingo 5 ás 13:00h, o seu derradeiro encontro do curso no Mourís, ao que quererá despedir cun novo triunfo.


Tan só dous partidos lle restan á xa histórica campaña do Noia Portus Apostoli FS “B”, que xogará este domingo 5 ás 13:00h o último como local, recibindo a un Cidade de Narón inmerso na loita pola salvación.


A vitoria, con remontada incluída, da semana pasada en Guitiriz deixou evidencia de que os de Daniel Ventoso continuarán con fame e competindo por gañar ata o final, e ese sentimento será aínda máis forte na despedida nesta 23/24 ao Agustín Mourís, onde só deixou escapar 3 puntos. Ademais, está a opción de conseguir o triunfo número 25 da temporada.


Algo máis importante se xoga o Cidade de Narón, 10º con 33 puntos, pendente de escapar da zona de potencial descenso, cos arrastres que caian da Segunda División “B”. A semana pasada colleron unha gran cantidade de aire, ao dar a sorpresa coa vitoria por 4-1 sobre o Distrito Ventorrillo FS, e agora probarán o reto de asaltar o feudo do campión.


Acábanse as oportunidades para gozar dun equipo que xa pasará á lembranza do Club. O respectable do Agustín Mourís terá, no mediodía deste domingo, a ocasión de reflectir o seu orgullo e admiración polo Filial por última vez antes de afrontar o grande reto da vindeira campaña.


 

Árbitros

Jesús Otero Baltasar e Alejandro Rodríguez Travieso.


Precedentes

·8 de outubro de 2022 | X4 Terceira División FS 2022/2023 | NAR 1-4 NPA “B”


·4 de febreiro de 2023 | X19 Terceira División FS 2022/2023 | NPA “B” 2-2 NAR


·16 de decembro de 2023 | X14 Terceira División FS 2023/2024 | NAR 1-9 NPA “B”

bottom of page