top of page

PREVIA X28 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – FS Salamanca Dehesa Grande | Última oportunidade pola quinta praza

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Apr 11
  • 2 min read

Venres, 11/04/2025 · 19:40h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas afrontan na xornada 28 (dom. 13/04, 13:00h) un duelo directo decisivo nas súas aspiracións de abordar a quinta posición da táboa.


O Noia Portus Apostoli FS “B” tópase este domingo 13 ás 13:00h co FS Salamanca Dehesa Grande. Ou, o que é o mesmo, un duelo de 6º contra 5º con 7 puntos de diferenza a falta de 3 partidos para concluír a Liga, no que os noieses precisan a vitoria para apurar as súas opcións de subir unha praza máis na clasificación.


Cunha xeira de tres triunfos consecutivos alcanzan os de Guille Murillo este partido, amosándose sólidos e efectivos contra tres rivais da zona baixa. Por tanto, plenos de confianza e motivación, sumado a que xogarán no Mourís, onde só perderon un partido desde novembro e tres en total.


No FS Salamanca Dehesa Grande terán os brancos a un rival que, tal e como din os números, está entre os mellores conxuntos do Grupo I de Segunda División “B” FS nesta segunda volta. Grazas a iso, os charros erixíronse como o equipo máis destacado nesa apretada batalla da parte media-alta da táboa, e aínda albergan posibilidades reais de meterse en PlayOff, co Piensos Durán Albense FS a tan só dous puntos. No seu último compromiso, lograron o triunfo por 4-1 sobre Sibuscascoche Ribeira FS.


A competición vai tocando ao seu fin e as oportunidades esgótanse pouco a pouco. Para o Filial, que xa ten máis que cumpridos os seus obxectivos principais, esta será a última de poder optar a mellorar a súa temporada de debut na categoría avanzando unha posición más. Algo que é certamente complicado, pero posible, e que só pasa por empezar gañando os tres puntos este domingo nun duelo que promete gran emoción e competitividade.


 

Precedentes

·6 de decembro de 2024 | X13 Segunda División “B” FS – Grupo I 2024/2025 | SAL 4-3 NPA “B”

Comments


bottom of page