O Filial disputará este venres ás 21:15h no Jonathan Carro Paz de Guitiriz o seu primeiro partido tras lograr o ascenso.
Coa festa do título e ascenso xa no retrovisor, o campión da Terceira División FS pon as miras en rematar coa maior alegría posible o torneo ligueiro nas tres semanas que lle quedan, comezando pola visita a Guitiriz deste venres 26 ás 21:15h, na xornada 28.
O Filial afronta o tramo final de curso sen presión e co obxectivo xa cumprido, pero tamén con ambición de rubricar os mellores números posibles, que fagan representación fidedigna do que é unha campaña histórica. Manter a fame e competitividade ao 100%, a misión dos de Daniel Ventoso.
Diante, un equipo con moito en xogo. O Korreo Guitiriz FS é un dos conxuntos no lote que busca escapar da zona de descenso, sempre problemática polos posibles arrastres que poidan vir de arriba. 10º con 30 puntos, a semana pasada os guitiricenses deron un bo paso nesa pretensión, ao superar ao Cidade de Narón por 3-4.
Un campión éo e demostrao ata o final, e así o quere deixar ben claro o Filial noiés nos seus últimos encontros na Terceira División FS antes de lanzarse a polo reto da próxima temporada.
Árbitros
Lucía Couso Castro e Marcos Vázquez Mayán.
Precedentes
·23 de febreiro de 2019 | X20 Preferente Autonómica – Grupo Norte 2018/2019 | NPA “B” 4-0 GUI
·29 de setembro de 2019 | X3 Preferente Autonómica – Grupo Norte 2019/2020 | NPA “B” 9-3 GUI
·1 de febreiro de 2020 | X18 Preferente Autonómica – Grupo Norte 2019/2020 | GUI 3-3 NPA “B”
·26 de novembro de 2022 | X11 Terceira División FS 2022/2023 | GUI 4-4 NPA “B”
·1 de abril de 2023 | X26 Terceira División FS 2022/2023 | NPA “B” 4-4 GUI
·10 de decembro de 2023 1 X13 Terceira División FS 2023/2024 | NPA “B” 8-1 GUI
Comments