PREVIA X26 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | CD InterSala Adarsa Mercedes - Noia Portus Apostoli FS | Nova dificultade no Tourmalet final
- Departamento prensa Noia PA FS
- Apr 25
- 2 min read

Venres, 25/04/2025 · 19:00h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses volven a enfrontarse a un esixente rival (dom. 27/04, 13:00h), esta vez de visitantes co obxectivo de manterse firmes no liderado.
Conta atrás iniciada no Grupo I da Liga Xuvenil División de Honra FS. Cinco xornadas para decidir, entre outras cosas, un primeiro posto ao que se quere amarrar o cadro do Noia Portus Apostoli FS, que visita este domingo 27 ás 13:00h ao duro CD InterSala Adarsa Mercedes con 4 unidades de vantaxe no máis alto.
Os de Daniel Ventoso xa superaron unha férrea barreira o pasado venres, gañando pola mínima ao Valladolid Sport Sala. Máis do mesmo é o que lle agarda aos noieses de aquí ata a última data, con varios opoñentes da zona media-alta da clasificación no horizonte, interpoñéndose aos desexos de terminar por consolidarse no liderado.
É o caso dun CD InterSala Adarsa Mercedes que alcanza esta 26ª xornada como 6º con 46 puntos, a só 2 do 3º, e nunha liña de catro triunfos consecutivos. Posuídores dunha afinada puntería (134 goles a favor, os mesmos que os noieses), os salmantinos son especialmente perigosos no seu pavillón, onde veñen de anotar 7, 9, 10 e 9 dianas, con vitorias en todos eles.
Novo reto motivante para un grupo que sabe o que se lle vén por diante nesta resolución do torneo. Co billete ao Campionato de España practicamente selado (clasifican os dous primeiros e hai 13 puntos sobre o terceiro a falta de 15), toca demostrar esas ganas e calidade para coller o touro polos cornos e agarrarse en cada unha das citas a esa primeira praza que daría privilexios nas eliminatorias.
Precedentes
·30 de novembro de 2024 | X11 Xuvenil División de Honra FS – Grupo I 2024/2025 | NPA 5-1 INT
Comments