top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Consulta a finde das inferiores!

5 days ago
2 min read

Martes, 17/11/2026 · 14:49h


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS gozou doutra xornada de competición, que se saldou da seguinte maneira!



CD CompoSala "B" 5-10 XUVENIL
X4 Primeira Futgal FS · DOM. 15/11 · 10:00h

O Xuvenil resolveu o seu partido ante o CD CompoSala "B" da xornada 4 da Primeira Futgal FS con vitoria por 5-10, grazas ás dianas de Gabriel Cutrin x4, Alén Muñiz x3, Lorenzo Rougier x2 e Tomás Cabaleiro. Na clasificación, os brancos son 3º con 9 puntos.



XUVENIL 6-1 AD Codima
X4 Primeira Futgal FS · SÁB. 14/11 · 12:30h

O Xuvenil impúxose por 6-1 na visita do AD Codima pola xornada 4 da Primeira Futgal FS. Anotaron os goles noieses Adri Yáñez, Bruno Regos x2, Isaac Sampedro e Xavi Fernández x2, que os deixa na táboa 4º con 6 puntos.



Oroso FS CD 0-2 ALEVÍN
X3 Primeira Futgal FS · SÁB. 14/11 · 12:45h

O Alevín logrou o triunfo por 0-2 contra o Oroso FS CD en partido da xornada 3 da Primeira Futgal FS. Os goles foron obra de Luca Santiago e Manuel Dosil. Tras este resultado, ocupan a 3ª praza, aínda que coliderando, con 9 puntos.



ALEVÍN 0-7 AD Codima "C"
X3 Primeira Futgal FS · SÁB. 14/11 · 11:00h

O Alevín perdeu por 0-7 no seu partido contra o AD Codima "C" pola xornada 3 da Primeira Futgal FS. Na clasificación, os noieses quedan 15º sen puntos.



CD CompoSala 1-9 BENXAMÍN
X3 Primeira Futgal FS · DOM. 15/11 · 10:00h

O Benxamín superou por 1-9 ao CD CompoSala no seu compromiso da xornada 3 da Primeira Futgal FS. Anotaron os goles brancos Álex Oviedo x2, Jose Caamaño, Brais Dosil x2, Yerai Mella x2 e Mateo Fernández x2. Este resultado mantenos coliderando desde a 3ª posición con 9 puntos.



BENXAMÍN 0-10 Alto do Vento FS
X3 Primeira Futgal FS · SÁB. 14/11 · 10:00h

O Benxamín cedeu por 0-10 contra o Alto do Vento FS pola xornada 3 da Primeira Futgal FS. Despois de tres partidos, os nosos ocupan a 17ª posición con 0 puntos.

Comments


bottom of page