top of page

PREVIA X25 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – Caja Rural Atlético Benavente FS | Hora de crelo

  • 6 minutes ago
  • 2 min read
Venres, 13/03/2026 · 16:10h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | A falta de seis xornadas, os filialistas queren darse a licenza de soñar con algo máis que a salvación nun importante duelo na casa (dom. 15/03, 12:00h. TV: gs360play.com).
Venres, 13/03/2026 · 16:10h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | A falta de seis xornadas, os filialistas queren darse a licenza de soñar con algo máis que a salvación nun importante duelo na casa (dom. 15/03, 12:00h. TV: gs360play.com).

O Municipal Agustín Mourís acollerá o enfrontamento entre Noia Portus Apostoli FS “B” e Caja Rural Atlético Benavente FS este domingo 15 a partir das 12:00h, pola 25ª xornada do Grupo 1 da Segunda División “B” FS.


Preséntase un partido de moita relevancia para os de Chipi, que poden deixar practicamente selada a permanencia. Cos seus 43 puntos sacan 12 á zona de descenso, a falta de repartir 18. A importancia do choque non só reside no obxectivo, senon tamén en poder aspirar a algo máis. Así so gañaron, con catro triunfos consecutivos que os colocan 4º na clasificación, empatados en puntuación con 3º e 2º, postos que dan acceso ao PlayOff de ascenso. No horizonte, dous envites seguidos na casa, xunto co de dentro de dúas semanas ante un rival directo como FS Salamanca. Na mente, o vestiario filialista ten ganas de crelo.


O Benavente chega a Noia nun difícil momento


Non está a ser a temporada que se agardaba do Caja Rural Atlético Benavente FS. O cadro benaventano, chamado a estar entre os mellores, ocupa o 8º lugar con 35 puntos, a 8 dos noieses e apenas con 4 sobre a zona de descenso. A táboa dá probas da irregularidade dun equipo que acumula tres datas seguidas sen gañar e cuxo último resultado foi unha derrota na casa (1-4) no derbi fronte ao FS Salamanca.



Emisión en directo

O partido poderase seguir en directo e gratis, previo rexistro, a través de gs360play.com.


Árbitros

Adrián García e Mayra Camila Araujo.


Precedentes

·27 de outubro de 2024 | X7 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA “B” 1-4 ATB


·22 de febreiro de 2025 | X22 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | ATB 8-5 NPA “B”


·14 de novembro de 2025 | X10 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | ATB 4-6 NPA “B”

Comments


bottom of page