
Venres, 07/03/2025 · 12:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Guille Murillo visitan (sáb. 08/03, 18:15h) ao seu inmediato superior na táboa con vistas a seguir escalando.
O Noia Portus Apostoli FS “B” afronta nesta xornada 24 un novo enfrontamento directo, coa visita ao ADAMO Xove FS este sábado 8 ás 18:15h, nun duelo sexto contra sétimo separados por só dous puntos..
Os brancos intentarán aproveitar a inercia do triunfo do pasado domingo contra CD San Cristóbal Núñez Automoción, outro rival próximo na táboa ao que deixaron catro unidades atrás. Lograr a vitoria na localidade lucense supoñería dar un novo golpe nesa apretada zona na que sexta e quinta praza están en disputa, co FS Salamanca Dehesa Grande con vantaxe.
Iso si, para facelo os noieses terán que impoñerse a un ADAMO Xove FS que alcanza esta cita nun gran estado. Tres triunfos nos seus tres últimos encontros remontaron o voo dun equipo que entrou en mala dinámica tras o fin da primeira volta, caendo así dos postos punteiros, e agora quere apurar as últimas opcións de entrar nun PlayOff que ten a 9 puntos.
Partidazo asegurado no Municipal de Xove, con alicientes clasificatorios, xuventude e calidade, detalles entre os que o Filial noiés intentará levar a palma para continuar progresando nunha Segunda División “B” FS que entra na súa recta decisiva.
Precedentes
·10 de novembro de 2024 | X9 Segunda División “B” FS – Grupo I 2024/2025 | NPA “B” 7-3 XOV
コメント