PREVIA X24 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Deportivo Laviana FS - Noia Portus Apostoli FS “B” | Visita trampa a Asturias
- 3 hours ago
- 2 min read

O Noia Portus Apostoli FS “B” disputa este sábado 7 a partir das 18:00h o seu compromiso da xornada 24 ligueira, no que renderá visita ao Deportivo Laviana FS asturiano no Polideportivo de Laviana.
O conxunto de Chipi atópase nun dos seus mellores momentos da temporada. Tres vitorias seguidas e cinco nos últimos seis partidos que o sitúan 5º con 40 puntos, apenas a un de postos de PlayOff e con doce sobre o descenso, a falta de 21 por repartirse. Os brancos non queren baixarse da onda e aspiran a seguir plantando cara aos galos da categoría ata final de curso, por que non soñando con facer algo grande.
Un Laviana sen case opcións, pero en racha na casa
En penúltima posición con 18 puntos e a once da permanencia, o Deportivo Laviana FS teno moi complicado para continuar no Grupo 1 da Segunda División “B” FS o vindeiro curso. Iso si, aínda que a táboa os coloque como un dos peores da competición, o equipo asturiano alcanza esta 24ª xornada nun bo momento, sobre todo como local. Apartando a derrota (3-5) contra o FS Salamanca, no seu feudo gañaron tres dos seus últimos catro encontros e catro dos cinco en total. Ademais, chegan coa moral de lograr un punto (3-3) na pista do Caja Rural Atlético Benavente FS.
Árbitros
Nuria Martínez e Israel Revilla, do comité cántabro.
Precedentes
·8 de novembro de 2025 | X9 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA “B” 7-2 LAV





Comments