top of page

PREVIA X24 TERCEIRA | Praias de Barreiros CD - Noia Portus Apostoli FS “B” | Unha última antes do parón

O Filial visita este sábado 16 ás 18:45h o Municipal de Barreiros, onde tratará de lograr un importante derradeiro triunfo previo á detención da competición de dúas semanas.


O Noia Portus Apostoli FS “B” tratará de dar outro bocado ao campionato este sábado 16 ás 18:45h en Barreiros, no último compromiso antes do derradeiro parón ligueiro, que se prolongará durante as dúas próximas semanas.


Xornada 24 importante para os noieses, que tamén terán os ollos postos noutro partido. Ribeira FS e Distrito Ventorrillo FS, 3º a 12 e 2º a 9 puntos dos nosos, respectivamente, xóganse na cancha dos lucenses manterse na loita polo primeiro posto que o Filial branco, pola súa parte, terá que demostrar que agarra con firmeza na procura doutros tres puntos importantes fronte o Praias de Barreiros CD.


Ao igual que a pasada semana, os noieses veranse as caras cun conxunto que pelexa por escapar da zona baixa da táboa, coa dificultade que ese tipo de equipos supoñen no tramo final de campaña. O Praias de Barreiros CD ocupa o 13º posto con 25 puntos, e se segue con opcións de permanencia é polo seu rendemento como local. 7 vitorias en 11 partidos no Municipal de Barreiros, incluídos os dous últimos, contra Outeiro de Rei SD (4-3) e O Korreo Guitiriz FS (5-2). A xornada pasada saldárona con derrota en Narón (5-2).


Cando finalice o parón e volva a Liga xa será comezos de abril e, o que é o mesmo, a recta final desta Terceira División FS 2023/2024. Nesta carreira de fondo, o Portus Apostoli “B” ten unha considerable vantaxe, que pasa unha importante parte de opcións de ser definitiva en Barreiros e nesta xornada 24.


 

Árbitros

Álvaro Cambeiro Lobato e Franco Álvaro Campagnoli.


Precedentes

·12 de decembro de 2021 | X13 Terceira División FS 2021/2022 | NPA “B” 6-3 BAR


·23 de abril de 2022 | X28 Terceira División FS 2021/2022 | BAR 1-6 NPA “B”


·22 de outubro de 2022 | X6 Terceira División FS 2022/2023 | NPA “B” 6-3 BAR


·26 de febreiro de 2023 | X21 Terceira División FS 2022/2023 | BAR 7-5 NPA “B”


·12 de novembro de 2023 | X9 Terceira División FS 2023/2024 | NPA “B” 8-2 BAR

bottom of page