top of page

PREVIA X23 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – SD Xove FS | Duelo clave para seguir mirando cara arriba

  • 14 hours ago
  • 2 min read
Venres, 27/02/2026 · 11:38h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Chipi queren continuar asentándose nos postos altos da táboa (dom. 01/03, 12:00h. TV: gs360play.com).
Venres, 27/02/2026 · 11:38h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Chipi queren continuar asentándose nos postos altos da táboa (dom. 01/03, 12:00h. TV: gs360play.com).

O Noia Portus Apostoli FS “B” disputa este domingo 1 de marzo ás 12:00h a 23ª xornada ligueira. Nela, os de Chipi recibirán no Municipal Agustín Mourís ao SD Xove FS.


Os filialistas volven a atravesar un gran momento, por resultados o mellor desde novembro. Nos seus últimos cinco partidos, catro vitorias que os reenganchan dabondo na zona alta da clasificación. A 5ª posición con 37 puntos que ocupan actualmente mantenos a tres do 3º, ou, o que é o mesmo, de postos de PlayOff de ascenso, e con dez sobre o descenso. Seguir mirando cara arriba e pechar o obxectivo da permanencia, dúas metas que se complementan e ás que os brancos ansían continuar engadindo motivos este domingo.


Unha SD Xove FS que non se quere complicar


Este Grupo 1 da Segunda División “B” FS ben se pode definir coa palabra ‘igualdade’. Unha proba diso é que, tras 22 xornadas, o SD Xove FS aínda non ten clara a súa ‘batalla’. Os mariñáns, que experimentaron varias baixas e altas neste mercado invernal, son 8º con 33 puntos, con seis sobre a zona vermella e a tiro dunha vitoria de achegarse aos noieses e soñar con loitar pola promoción. A pasada semana cortaron, superando ao Caja Rural Atlético Benavente FS (9-3), unha serie de tres encontros sen gañar.


Emisión en directo

O partido poderase seguir en directo e gratis, previo rexistro, a través de gs360play.com.


Árbitros

Andrés Pinilla e Lidia Crespo.


Precedentes

·17 de outubro de 2021 | X5 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | NPA “B” 2-4 XOV


·12 de febreiro de 2022 | X20 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | XOV 12-0 NPA “B”


·17 de decembro de 2022 | X14 Terceira División FS – Grupo 8 2022/2023 | NPA “B” 0-3 XOV


·29 de abril de 2023 | X29 Terceira División FS – Grupo 8 2022/2023 | XOV 8-2 NPA “B”


·10 de novembro de 2024 | X9 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA “B” 7-3 XOV


·8 de marzo de 2024 | X24 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | XOV 4-1 NPA “B”


·31 de outubro de 2025 | X8 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | XOV 5-6 NPA “B”

Comments


bottom of page