top of page

PREVIA X22 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | O Esteo FS - Noia Portus Apostoli FS “B” | A polo segundo clasificado

  • 5 days ago
  • 2 min read
Venres, 20/02/2026 · 21:52h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas visitan (sáb. 21/02, 18:15h) ao segundo da táboa coa ambición de lograr un triunfo que os impulse.
Venres, 20/02/2026 · 21:52h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas visitan (sáb. 21/02, 18:15h) ao segundo da táboa coa ambición de lograr un triunfo que os impulse.

O Noia Portus Apostoli FS “B” visita este sábado 21 a partir das 18:15h ao O Esteo FS, segundo clasificado do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, pola 22ª xornada ligueira.


Os de Chipi sumaron o pasado sábado ante o IES Coruxo FS a súa 10ª vitoria do curso, que os coloca en 6º lugar con 34 puntos. A falta de 9 partidos e coa zona de PlayOff máis preto que a de descenso (4 a 9 unidades), os noieses ambicionan con mirar cara arriba ata o final da temporada. E para iso, buscarán asaltar a cancha do segundo na clasificación este sábado.


O Esteo FS quere pechar o PlayOff


Situado a 10 puntos do líder Exlabesa Leis Pontevedra FS, O Esteo FS é 2º con 41, mantendo 5 sobre o corte do PlayOff. Lograr clasificarse á promoción de ascenso é a meta dos de As Pontes, que contan como gran nome nas súas filas co internacional español Adri. No seu último partido, claudicaron ante o Caja Rural Atlético Benavente FS (5-2).



Árbitros

Iria de Luis e Óscar Gulín.


Precedentes

·5 de outubro de 2024 | X4 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | EST 4-4 NPA “B”


·31 de xaneiro de 2025 | X19 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA “B” 2-1 EST


·25 de outubro de 2025 | X7 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA “B” 5-5 EST

Comments


bottom of page