top of page

PREVIA X22 TERCEIRA | 5 Coruña FS - Noia Portus Apostoli FS “B” | A dar un golpe máis

O líder da Terceira División FS visita este domingo 3 ás 16:00h aos coruñeses, outro esixente rival da zona alta da táboa.


O Noia Portus Apostoli FS “B” afronta esta xornada a oportunidade de darlle un novo bocado ao título de Terceira División FS, co segundo enfrontamento seguido ante un opoñente da parte alta da clasificación. O 5 Coruña FS agarda polos noieses este domingo 3 ás 16:00h no Pavillón Novo Mesoiro da cidade herculina.


En apenas dúas semanas, os brancos dobraron a súa renda á fronte da táboa, froito dos seus triunfos e dos tropezos dos máximos perseguidores. Con 12 puntos de diferenza a falta de 27 por disputarse, o Portus Apostoli “B” ten ante si a opción de continuar recortando pasos ao obxectivo de facerse co título. Ademais, este domingo podería lograr, por segunda vez na temporada, a súa décima vitoria consecutiva.


Na novena da xornada anterior non o tivo nada sinxelo, e tampouco será tarefa fácil nesta. Os de Daniel Ventoso visitarán a un 5 Coruña FS que garda moitas similitudes cos nosos, situado 7º con 33 puntos, a tan só 3 dos postos de PlayOff de ascenso. No choque da primeira volta, os brancos prevaleceron por 3-0 nunha igualada disputa entre ambos conxuntos.


Para sumar ás probas de que non será un compromiso a pracer están as estatísticas, que din que os noieses nunca sacaron nada en positivo das súas saídas para enfrontarse ao equipo coruñés. Pero, precisamente, o que leva facendo o Filial todo este curso é rompelas, e esta fin de semana afronta unha nova misión de importancia a completar en medio do camiño ao gran soño.


 

Árbitros

Eloy Bello Gómez e Juan Ramón Juan Mora.


Precedentes

·26 de outubro de 2019 | X7 Preferente Autonómica – Grupo Norte 2019/2020 | 5CO 4-3 NPA “B”


·3 de outubro de 2021 | X3 Terceira División Fútbol Sala 2021/2022 | 5CO 7-4 NPA “B”


·14 de febreiro de 2022 | X18 Terceira División Fútbol Sala 2021/2022 | NPA “B” 3-3 5CO


·2 de outubro de 2022 | X3 Terceira División Fútbol Sala 2022/2023 | NPA “B” 3-2 5CO


·29 de xaneiro de 2023 | X18 Terceira División Fútbol Sala 2022/2023 | 5CO 3-1 NPA “B”


·29 de outubro de 2023 | X7 Terceira División Fútbol Sala 2022/2023 | NPA “B” 3-0 5CO


bottom of page