PREVIA X21 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – IES Coruxo FS | A pola vitoria no Mourís
- Feb 13
- 2 min read

O Noia Portus Apostoli FS “B” recibe este sábado 14 a partir das 18:45h ao IES Coruxo FS, en partido da 21ª xornada do Grupo 1 da Segunda División “B” FS.
Cumpridos dous terzos do campionato ligueiro, o cadro filialista atópase nunha gran situación clasificatoria. Desde a 6ª praza con 31 puntos, sitúanse a cinco da zona de PlayOff de ascenso, mentres a queima está a nove unidades. Os de Chipi teñen claro o seu obxectivo nestes últimos dez partidos de temporada: seguir vendo máis de preto o de arriba que o de abaixo. E para iso, é imprescindible sumar e, sobre todo, facelo no seu fortín.
Saír da irregularidad, obxectivo do IES Coruxo FS
Algo similar busca o IES Coruxo FS, aínda que desde unha posición menos favorecedora actualmente. Os vigueses, 11º con 26 puntos, están vivindo unha temporada de altos e baixos, na que tanto acumularon secas de vitorias como fixeron sucumbir ao líder na súa propia cancha. Atopar esa estabilidade positiva é a meta para afastar a zona de descenso, que teñen a catro. Como último resultado, unha vitoria por 7-3 fronte ao Caja Rural Atlético Benavente FS.
Árbitros
Adrián García e Tania Penabad.
Precedentes
·22 de novembro de 2020 | X1 Terceira División FS – Grupo 8 B 2020/2021 | NPA “B” 5-4 COR
·27 de febreiro de 2021 | X13 Terceira División FS – Grupo 8 B 2020/2021 | COR 0-1 NPA “B”
·14 de setembro de 2024 | X1 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA “B” 3-3 COR
·11 de xaneiro de 2025 | X16 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | COR 5-4 NPA “B”
·18 de outubro de 2025 | X6 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | COR 6-2 NPA “B”





Comments