top of page

PREVIA X21 PRIMEIRA DIVISIÓN FS | Jimbee Cartagena Costa Cálida FS - Noia Portus Apostoli FS | Á pista do campión para concluír un agotador febreiro


Xoves, 27/02/2025 · 16:45h · Imaxe (de arquivo): Foto Pichero | Saída de altura para os noieses (ven. 28/02, 21:00h, FEF TV) no peche do mes máis cargado de partidos do curso.


A parada final do esixente e largo traxecto do mes de febreiro leva ao Noia Portus Apostoli FS á pista do actual campión de Liga. Os de David Palmas visitan ao Jimbee Cartagena Costa Cálida FS este venres 28 ás 21:00h pola xornada 21, coa ambición de aproveitar o seu gran estado de forma para dar a sorpresa.


A vitoria do pasado martes fronte a Osasuna Magna non só serviu para igualar a 15 puntos co ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra FS, conxunto que marca a permanencia, senon tamén para quitarse ese último bloqueo mental. E é que os noieses aínda non gañaran no Mourís, por onde saben que pasa boa parte do obxectivo. De feito, ata a data o Portus Apostoli fixo maior botín lonxe da casa (8 puntos a 7) con dous partidos menos, e desde o 21 de decembro que non perden como visitantes. Para continuar coa xeira e prolongar a dinámica ascendente, os brancos terán que dar o do de peito na cancha do vixente campión ligueiro, bicampión de Supercopa e equipo de Final Four de UEFA Futsal Champions League.


En todo iso se converteu o Jimbee Cartagena Costa Cálida FS desde a anterior ocasión que o Noia xogou no Palacio de los Deportes da cidade trimilenaria. Aínda que, dentro do histórico momento que experimentan os de Eduardo São Thiago Lentz “Duda”, actualmente son 5º con 31 puntos e atravesan un baixón de resultados, ao non coñecer a vitoria en Liga desde o 15 de xaneiro, con 2 derrotas e 4 empates (0-0 no seu último partido, visitando a Movistar Inter FS), máis a eliminación en cuartos de Copa do Rei FS. A destacar nun plantel plagado de talento e capaz de gañar calquera título os 12 goles de Pablo Ramírez, a maxia de Mellado e Cortés, a voracidade de Motta, o seguro Tomaz e o candado Chemi, principal ocupante dunha portería que, xunto á interista, é a menos batida do campionato, con 45 dianas encaixadas.


A reacción xa é máis que un feito. Os noieses están máis vivos que nunca, no seu mellor momento do curso, tanto en confianza como en logros, e a 10 xornadas do final, cada un dos 30 puntos que quedan por repartirse vale o seu peso en ouro. Especialmente, en prazas da talla da cartaxeneira, a la que el Noia acude exhausto al igual que el resto de equipos por la carga de partidos das últimas semanas e consciente da dificultade, pero tamén das súas posibilidades de levarse un triunfo de aupa.


 
Declaracións previas



O desprazamento

Viaxe en avión con destino Alacant para a expedición do Portus Apostoli na tarde-noite do xoves. Os noieses hospedaranse na cidade alacantina ata poñer rumbo ao Palacio de los Deportes de Cartaxena o venres pola tarde.


Emisión en directo

O encontro emitirase en directo e en exclusiva a través da plataforma de pago FEF TV, en web e app, este venres 28 de febreiro a partir das 21:00h.



Árbitros

Manuel Jesús Barrilero Mohedano e Carlos Enrique Bustos Caparrós, do comité andaluz. Unha derrota nun partido arbitrado por esta parella ao Portus Apostoli.


Precedentes

·6 de decembro de 2022 | X12 Primeira División FS 2022/2023 | JCT 2-1 NPA


·29 de abril de 2023 | X27 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 2-4 JCT


·2 de setembro de 2023 | X1 Primeira División FS 2023/2024 | JCT 5-5 NPA


·23 de decembro de 2023 | X16 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 2-4 JCT


·20 de novembro de 2024 | X7 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 0-5 JCT

Hozzászólások


bottom of page