top of page

PREVIA X21 TERCEIRA | Noia Portus Apostoli FS “B” – Sport Sala FS | Momento clave

O Filial, que é máis líder da categoría despois da anterior xornada, entra nun tramo de curso que pode ser definitivo recibindo aos cullerdenses este domingo 25 ás 16:30h.


A competición segue para o máis líder da Terceira División FS, e faino adentrándose no que quizais poida ser un apartado decisivo cara o soño, recibindo no Municipal Agustín Mourís ao Sport Sala FS este domingo 25 de febreiro ás 16:30h na 21ª xornada ligueira.


Con 9 puntos de renda sobre o 2º clasificado e 13 co 3º cando restan 30 por disputarse, o Filial comeza a albiscar sinais vermellas dentro do esixente do calendario, e dúas delas veñen xa. Esta fin de semana ante o Sport Sala FS (5º na táboa) e a vindeira ante o 5 Coruña FS (6º), os noieses veranse as caras contra dous conxuntos que xa llo puxeron moi difícil na primeira volta, e ante os que, especialmente, non deberán fallar se non queren desperdiciar a distancia e si chegar cunha boa marxe de erro aos duelos directos cos inmediatos perseguidores, independentemente dos resultados que estes consigan.


Ben é certo que o Sport Sala FS soa a rival “propicio” polos marcadores dos últimos anos, e que fóra da casa baixa o nivel (só 10 puntos dos 36 que teñen), pero o exceso de confianza pode ser o primeiro inimigo para os de Daniel Ventoso ante un cadro cullerdense potente en varias facetas do xogo e que demostrou ser capaz de superar a calquera, aínda máis co incentivo de estar enfrascado na loita polo PlayOff de ascenso.


O Filial ten claro que, por agora, as únicas contas que fai son as de seguir sumando de tres en tres. A de buscar, polo pronto, esta xornada a súa 9ª vitoria consecutiva e a 19ª de toda a campaña. Só así estará máis preto de empezar a acariciar ese soño que en setembro vía tan lonxe.


 

Árbitros

Gabriel Chousal Prieto e Alejandro Godar Calvar.


Precedentes

·28 de novembro de 2021 | X11 Terceira División 2021/2022 | NPA “B” 5-3 SPS


·2 de abril de 2022 | X26 Terceira División 2021/2022 | SPS 4-4 NPA “B”


·24 de setembro de 2022 | X2 Terceira División 2022/2023 | SPS 2-6 NPA “B”


·22 de xaneiro de 2023 | X17 Terceira División 2022/2023 | NPA “B” 5-2 SPS


·21 de outubro de 2023 | X6 Terceira División 2023/2024 | SPS 3-5 NPA “B”

bottom of page