top of page

PREVIA X21 FILIAL | Praias de Barreiros CD-Noia Portus Apostoli B

O cadro filial noiés visita ao conxunto lucense este domingo ás 17:00h, en busca de regresar á senda da vitoria.

Gañar, gañar ou gañar é o obxectivo para un Noia Portus Apostoli B farto de deixar as súas grandes actuacións das últimas datas en un ou cero puntos como recompensa. Esta fin de semana, o domingo ás 17:00h, nova oportunidade coa visita ao Praias de Barreiros CD en partido da xornada 21 da Terceira División.


Os noieses, novenos con 24 puntos, levan sen coñecer a vitoria desde o 22 de xaneiro, encaixando despois dúas derrotas e un empate que non corresponden ao seu bo facer neses tres encontros que se decidiron por detalles. Conscientes diso, os filialistas ansían quitarse ese mal sabor de boca na súa visita a un opoñente próximo na táboa.


11º con 22 puntos, tan só dous menos que os brancos, o Praias de Barreiros CD pretenderá seguir afondando na inconsistencia de resultados do Portus Apostoli B para seguir aproximándose a pechar a salvación matemática de categoría. No seu último partido, os lucenses caeron por un claro 5-1 en Narón, mais, como demostraron no choque da primeira volta en Noia, son un equipo duro e co que hai que suar para sacar os tres puntos.


Aquel día gañaron os noieses por 6-3, un marcador que ben valería para sacarse o po de enriba acumulado nestes últimos e infrutuosos duelos e seguir acumulando confianza xa non só co xogo, senón tamén a través dos resultados.

bottom of page