PREVIA X20 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | CD Tierno Galván FS - Noia Portus Apostoli FS “B” | Outra oportunidade para continuar cara arriba
- Feb 5
- 2 min read

O Noia Portus Apostoli FS “B” viaxa a Valladolid en busca da súa terceira vitoria seguida. Os brancos visitan ao CD Tierno Galván FS este venres 6 ás 20:00h, en partido da 20ª xornada ligueira.
Os filialistas tomaron máis aire a pasada semana, co contundente triunfo (8-0) sobre o Concello de Begonte FS, afastando a zona de descenso a 9 puntos. Ademais, os de Chipi, 6º con 31 unidades, sitúanse a 3 dos postos de PlayOff de ascenso, lugar que ocuparon durante boa parte da primeira volta. Con esta tranquilidade, o cadro branco afronta o desprazamento a terras pucelanas coa ambición de seguir medrando nunha táboa clasificatoria que se apreta máis cada xornada.
Un rival á alza
O osíxeno que se gañaron os noieses é o que ansían os valisoletanos. O CD Tierno Galván FS ocupa a 10ª praza con 25 puntos, despois dun bo inicio de segunda volta, con dúas vitorias, un empate e unha derrota. Aínda así, tan só están un partido por enriba da queima. Para non caer en problemas, apelan á súa fiabilidade no Municipal Lalo García, onde conseguiron 6 das 7 vitorias que teñen no seu haber. No seu anterior compromiso, o Tierno igualou (1-1) na pista do Caja Rural Atlético Benavente FS.
Árbitros
Alfonso Enrique Gómez e Víctor José Gómez, do comité castelán-leonés.
Precedentes
·10 de outubro de 2025 | X5 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA “B” 5-3 VTG











Comments