
Venres, 07/02/2025 · 18:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O Filial, en estado de graza como local, busca volver a sumar de tres tamén a domicilio na cancha do pechacancelas (dom. 09/02, 12:15h).
O Noia Portus Apostoli FS “B” completará os dous primeiros terzos do campionato de Segunda División “B” FS visitando ao asturiano La Isla de Siero FS, último da clasificación, este domingo 9 ás 12:15h.
O triunfo do pasado venres ante O Esteo FS traduciuse en vital para continuar o tira e afrouxa na zona media, xa que todos os equipos máis próximos levaron tamén a vitoria, ao contrario que o distanciado “top 4”, cuxa diferenza co resto disminuiu. Os noieses, 6º con 32 puntos, saben que para manterse nesa pugna pola quinta praza (ocupada polo FS Salamanca, 3 unidades por enriba), e quen sabe se algo máis, deben trasladar o bo momento no Mourís (onde non perde ningún punto desde finais de outubro) aos seus duelos a domicilio.
Dúas derrotas en dúas saídas este 2025, algo que buscarán mudar na súa visita ao Novo Polideportivo Pola de Siero. Alí agarda un La Isla de Siero FS que, na súa posición de pechacancelas, precisa sumar canto antes. Ao igual que os seus paisanos do Racing de Mieres FS, só teñen 4 puntos e aínda non gañaron ningún partido a pesar de tela preto, sobre todo na súa pista.
No enfrontamento da primeira volta prevaleceron os brancos por 7-4. Tratouse do primeiro triunfo como locais na categoría ao terceiro intento. Quen sabe se o Filial volva a desatascarse, esta vez en calidade de visitante, contra o mesmo opoñente.
Precedentes
·13 de outubro de 2024 | X5 Segunda División “B” FS – Grupo I 2024/2025 | NPA “B” 7-4 SIE
留言