top of page

PREVIA X20 TERCEIRA | I. M. Galical Rábade FS - Noia Portus Apostoli FS “B” | O segundo terzo remata en Lugo

O Filial visita en Rábade a un dos conxuntos da zona baixa da táboa este sábado 17 ás 18:30h.


Desprazamento á provincia lucense para o líder da Terceira División FS, que se enfrontará este sábado 17 ás 18:30h ao I. M. Galical Rábade FS pola xornada 20 do campionato ligueiro.


Co fin do segundo terzo de temporada, chega para o Noia Portus Apostoli FS “B” unha nova oportunidade de afianzarse no máis alto da táboa e seguir acurtando datas ao soño. Os de Daniel Ventoso alcanzaron os 51 puntos e as 17 vitorias en 19 partidos contra o Cidade de As Burgas FS, outro rival da zona baixa, como o que agarda esta fin de semana.


O I. M. Galical Rábade FS atópase nunha disputada loita por evadir os postos de descenso. Actualmente, ocupa a 13ª praza con 16 puntos, que dependendo doutras categorías, podería supoñer a perda de división. Nos seus tres últimos encontros non sumaron ningún punto (derrota 3-1 no último vs Cidade de Narón), polo que tentarán dar a sorpresa con maior necesidade.


Un pasiño máis a dar para o Filial noiés, que quere entrar na recta final de curso con, polo menos, a mesma e valiosa vantaxe de 6 puntos que ten na clasificación e que o acerca máis ao soño.


 

Árbitros

Martín Díaz Marey e Esteban Gómez García.


Precedentes

·17 de novembro de 2019 | X10 Preferente Autonómica – Grupo Norte 2019/2020 | NPA “B” 6-1 RÁB


·12 de outubro de 2023 | X5 Terceira División FS 2023/2024 | NPA “B” 9-1 RÁB

Comments


bottom of page