top of page

PREVIA X20 FILIAL | Noia Portus Apostoli B-Carballiño FS

O encontro, da Xornada 20, disputarase a partir das 12:30h do sábado 18 de febreiro no Municipal Agustín Mourís.

Despois do parón da pasada fin de semana, volve a Liga para o Noia Portus Apostoli B, que por segunda xornada consecutiva actuará como local, nesta ocasión recibindo ao Carballiño FS no que será o 20º partido da Terceira División 21/22 para os noieses.


Converter as boas sensacións en vitorias é o obxectivo dun conxunto branco, 8º con 24 puntos na táboa clasificatoria, que, a pesar de despregar un fabuloso xogo, só lograron obter un punto de seis dos seus últimos dous encontros, a súa visita ao 5 Coruña FS e o duelo diante do Cidade de Narón da xornada 19, rematado cun 2-2.


O rival deste sábado, o Carballiño FS, ocupa a 4ª praza con 39 puntos, posto que lle permitiría nestes momentos acceder ao PlayOff de ascenso a Segunda División B. No seu último encontro, venceron ao Concello de Begonte FS por 8-2, recuperándose da derrota anterior en Narón, cun marcador de 7-2.


No duelo directo, na xornada 5, os carballineses lograron os tres puntos cun resultado de 5-3, despois de remontar o 0-2 inicial dos nosos, que tentarán levar a cabo a revancha este sábado 18 en horario matinal, ás 12:30h, no Municipal Agustín Mourís, para comezar con bo pé a fin de semana de Entroido.

bottom of page