PREVIA X1 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – Exlabesa Leis Pontevedra FS | Debut contra o campión
- Departamento prensa Noia PA FS

- Sep 13, 2025
- 2 min read

Comeza a competición para o novo Noia Portus Apostoli FS “B”. O equipo dirixido por Chipi dá inicio ao curso 2025/2026, o segundo seguido na Segunda División “B” FS, recibindo este sábado 13 ás 18:00 ao Exlabesa Leis Pontevedra FS, vixente campión do Grupo 1.
Os filialistas completaron unha preparación de catro semanas encarada a este inicio ligueiro, no que puideron adaptarse aos sistemas do novo adestrador e meter en dinámica aos novos xogadores. Tanto aos que veñen doutros clubes, que son Nico Cuello e Álvaro Varela, como aos que promocionan desde o Xuvenil DH, o caso de Saúl ou Mateo Varela. Ademais, é preciso destacar a presenza dos Oliver Chenel, Iago López, Koeman, Mosquera ou Álvaro, aínda en idade xuvenil pero asentados no Filial.
Agora, chega o tiempo de competir. Un novo reto na categoría de bronce para un equipo aínda máis mozo, que quererá demostrar as súas capacidades co obxectivo de seguir progresando como xogadores para achegarse ao Primeiro Equipo e realizar o mellor papel posible na táboa clasificatoria.
Máxima dificultade para a estrea
O cadro noiés enfrontarase nada máis e nada menos que ao actual campión do Grupo 1. O Exlabesa Leis Pontevedra FS aspira a repetir título, ao conformar un plantel de gran calidade e continuidade con respecto ao curso pasado, no que tamén alcanzaron a final da XXXIII Copa Galicia FS, precisamente ante o cadro principal noiés. Ambos conxuntos víronse as caras en pretemporada tamén no Agustín Mourís, con vitoria local por 4-2.
Declaracións previas
Árbitros
Lidia Crespo Pardo e Adrián Buján Barciela.
Precedentes (balance oficial: 0V-0E-2D)
·29 de setembro de 2024 | X3 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA “B” 1-2 LEI
·25 de xaneiro de 2025 | X18 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | LEI 6-2 NPA “B”











Comments