top of page

PREVIA X19 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – O Esteo FS | A refuxiarse na casa


Xoves, 30/01/2025 · 18:00h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos tratarán de seguir explotando o seu bo momento na casa coa visita adiantada dun rival directo (vie. 31/01, 21:30h).


O Noia Portus Apostoli FS “B” recibe este venres 31 ás 21:30h ao O Esteo FS no Agustín Mourís, no primeiro duelo da 19ª xornada do Grupo I de Segunda División “B” FS.


Os de Guille Murillo sufriron unha derrota demasiado ampla en Pontevedra ante o líder o pasado sábado, cun enganoso marcador para o que foi o encontro, que lles fixo retroceder á 6ª praza con 29 puntos. Para seguir a pista do 5º (FS Salamanca Dehesa Grande con 32 unidades) e non perder corda nesa apretada zona media, os noieses intentarán tirar dun factor cancha que lles leva sen fallar desde outubro, logrando 4 vitorias.


Algo que cobra maior relevancia tendo en conta que visita Noia un dos rivais directos do Filial. Tan só dous puntos por detrás dos nosos está O Esteo FS, 10º con 27 puntos. Os de As Pontes só saben gañar neste 2025, con 3 triunfos en 3 partidos, e irán a polo cuarto consecutivo a costa dun Portus Apostoli “B” ao que adiantarían.


Sobre o papel, o choque deste venres promete igualdade. A mesma que xa deixou o primeiro enfrontamento entre ambos equipos a principios de outubro, con resultado de 4-4. Para romper esa equidade, os filialistas confían en volver a demostrar aos seus opoñentes que xogar no Mourís non é nada fácil.


 

Precedentes

·5 de outubro de 2024 | X4 Segunda División “B” FS – Grupo I 2024/2025 | EST 4-4 NPA “B”

Comments


bottom of page