top of page

PREVIA X19 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – Concello de Begonte FS | Confirmar a recuperación

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 3 days ago
  • 2 min read
Xoves, 29/01/2026 · 14:14h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos reciben ao pechacancelas (ven. 30/01, 21:00h. TV: gs360play.com) en busca do seu segundo triunfo consecutivo.
Xoves, 29/01/2026 · 14:14h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos reciben ao pechacancelas (ven. 30/01, 21:00h. TV: gs360play.com) en busca do seu segundo triunfo consecutivo.

O Noia Portus Apostoli FS “B” afronta este venres 30 ás 21:00h o seu partido da 19ª xornada ligueira, no que recibirá ao pechacancelas da táboa, o Concello de Begonte FS, sobre o parqué do Municipal Agustín Mourís.


O equipo filialista deixou atrás en Zamora unha larga xeira de 7 partidos sen gañar. O primeiro e máis difícil paso para afastar posibles dúbidas mentais e clasificatorias que podían empezar a instalarse. Máis, nun contexto de gran igualdade na Liga. Tras 18 partidos, os de Chipi sitúanse con 6 puntos sobre o descenso e a 4 da zona de PlayOff, a onde queren seguir mirando co que sería unha importante segunda vitoria seguida.


Un opoñente co destino practicamente marcado, pero non entregado


Con 0 puntos no seu haber e a 22 da zona de salvación, é difícil prever un futuro no que o Concello de Begonte FS non perda a categoría. O regreso á Segunda División “B” FS esta a converterse nun pesadelo para os chairegos, incapaces de sumar despois de 17 encuentros -non xogaron a pasada semana pola alerta meteorolóxica-, a pesar de quedarse preto en varios deles. No Mourís, unha nova oportunidade para logralo e sacar un sorriso nun curso complicado.



Emisión en directo

O partido poderase seguir en directo e gratis, previo rexistro, a través de gs360play.com.


Árbitros

Mayra Camila Araujo e Brais Comesaña.


Precedentes

·5 de outubro de 2019 | X4 Preferente Autonómica – Grupo Norte 2019/2020 | BEG 6-2 NPA “B”


·9 de febreiro de 2020 | X19 Preferente Autonómica – Grupo Norte 2019/2020 | NPA “B” 4-5 BEG


·23 de outubro de 2021 | X6 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | BEG 5-3 NPA “B”


·20 de febreiro de 2022 | X21 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | NPA “B” 6-2 BEG


·3 de decembro de 2022 | X12 Terceira División FS – Grupo 8 2022/2023 | NPA “B” 5-1 BEG


·15 de abril de 2023 | X27 Terceira División FS – Grupo 8 2022/2023 | BEG 2-6 NPA “B”


·4 de outubro de 2025 | X4 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | BEG 4-8 NPA “B”

Comments


bottom of page