PREVIA X18 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | CD River Zamora FS - Noia Portus Apostoli FS “B” | Continúa a busca da reacción
- Departamento prensa Noia PA FS

- 6 days ago
- 2 min read

O Noia Portus Apostoli FS “B” desprázase este domingo 25 ao Municipal Manuel Camba de Zamora, onde se enfrontará a partir das 12:30h ao CD River Zamora FS noutra oportunidade para que os de Chipi regresen á senda do triunfo.
Co empate do pasado sábado, xa son 7 partidos seguidos sen coñecer a vitoria para o cadro filialista. Unha xeira na que non desapareceu a intención e o talento, pero si ese acerto en momentos clave para pechar os resultados en algúns choques, co exemplo do último fronte ao Piensos Durán Albense FS. Manter a ilusión e a tranquilidade, e, tamén, quitar nomes dun aínda extenso parte de baixs, achegarán máis aos brancos ao que serían tres balsámicos puntos.
Os zamoranos queren mirar cara arriba
Máis, tendo en conta que o deste domingo é outro duelo directo. Xa practicamente todos o son nun Grupo 1 de Segunda División “B” FS moi apretado. O CD River Zamora FS é 11º con 23 puntos, só 2 menos que os noieses e con outro par de diferenza coa zona de descenso. Dela saíron pouco a pouco, recuperándose dun negativo inicio de curso (1 punto dos primeiros 15), nun cambio de rumbo provocado polos reforzos no plantel que ansían prolongar nun Manuel Camba onde só cederon 3 dos últimos 18 puntos. A pasada semana, o River caeu pola mínima (4-3) na pista do Caja Rural Atlético Benavente FS.
Árbitros
Miguel Cazón e Adrián Sanz, do comité castelán-leonés.
Precedentes
·28 de setembro de 2025 | X3 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA “B” 4-1 RIV











Comments