top of page

PREVIA X17 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – Valladolid Tierno Galván FS AGROCESA | Toca erguerse

  • 7 days ago
  • 1 min read
Venres, 13/02/2026 · 17:19h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos, agora segundos na táboa, buscan non perder máis terreo co primeiro posto noutro duelo directo (sáb. 14/02, 16:00h).
Venres, 13/02/2026 · 17:19h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos, agora segundos na táboa, buscan non perder máis terreo co primeiro posto noutro duelo directo (sáb. 14/02, 16:00h).

O Xuvenil DH noiés disputa este sábado 14 ás 16:00h o seu primeiro partido como local da segunda volta, recibindo a un rival directo como o Valladolid Tierno Galván FS AGROCESA na 17ª data do campionato.


Os brancos caeron da primeira á segunda praza tras a derrota da pasada semana en Segovia ante o terceiro, un CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo que deixou aos de Pablo Cardoso a dous puntos do líder, o CD Inter Sala Adarsa Mercedes, e con tres sobre eles. Agora, momento de quitarse o po e volver a mirar cara adiante, coa visita esta xornada do cuarto clasificado e a do líder no horizonte.


Os valisoletanos queren entrar na pugna


O Valladolid Tierno Galván AGROCESA chegará ao Agustín Mourís coa intención de facer máis dano nos noieses e meterse de cheo na batalla polas primeiras posicións do Grupo 1. Os pucelanos son 4º con 34 puntos, a 6 do Portus Apostoli, e no seu anterior compromiso cederon na casa fronte ao O Parrulo Ferrol FS (3-4).



Precedentes

·20 de outubro de 2024 | X6 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 4-2 VTG


·1 de marzo de 2025 | X21 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | VTG 6-4 NPA


·18 de outubro de 2025 | X2 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | VTG 4-5 NPA

Comments


bottom of page