
Venres, 17/01/2025 · 17:00h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Primeiro partido do ano na casa (dom. 19/01, 12:30h) para un Filial que quere regresar á senda da vitoria.
O Noia Portus Apostoli FS “B” estréase como local en 2025 recibindo ao Deporcyl Guardo FS este domingo 19 ás 12:30h, en partido da xornada 17 da Segunda División “B” FS.
Os dirixidos por Guille Murillo, 6º con 26 puntos, comezaron o novo ano a semana pasada cunha axustada derrota na cancha do IES Coruxo. Para manter esa cómoda praza e seguir mirando más cara arriba que cara abaixo, os filialistas pretenden deixar atrás canto antes ese resultado logrando 3 importantes puntos no seu feudo, onde non ceden desde outubro.
Con máis necesidades chegará á cita o Deporcyl Guardo FS. Os palentinos ocupan a 12ª posición con 18 puntos, polo que lograr unha vitoria no Mourís suporía apretar aínda máis a zona media e, sobre todo, empezar a ver de lonxe os últimos postos da táboa. No seu anterior compromiso, o Guardo empatou a catro tantos fronte ao Sibuscascoche Ribeira FS.
No recordo, o cara a cara entre ambos equipos da primeira volta, cando o Filial logrou o seu primeiro triunfo na categoría cun imponente resultado de 2-11. Pero iso é pasado, e sábeo un Portus Apostoli “B” consciente de que repetir o botín conquistado aquel día non será tarefa sinxela, cos puntos valendo cada vez máis caros.
Precedentes
·21 de setembro de 2024 | X2 Segunda División “B” FS – Grupo I 2024/2025 | GUA 2-11 NPA “B”
Commentaires