top of page

PREVIA X17 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – Piensos Durán Albense FS | Toca reaccionar

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Jan 16
  • 2 min read
Venres, 16/01/2026 · 15:26h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O conxunto de Chipi quere regresar dunha vez por todas á vitoria nun importante duelo (sáb. 17/01, 17:00h. TV: gs360play.com).
Venres, 16/01/2026 · 15:26h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O conxunto de Chipi quere regresar dunha vez por todas á vitoria nun importante duelo (sáb. 17/01, 17:00h. TV: gs360play.com).

O Noia Portus Apostoli FS “B” afronta este sábado 17 ás 17:00h o seu primeiro partido do ano como local, no que recibirá ao Piensos Durán Albense FS pola xornada 17 ligueira e coa responsabilidade de loitar por tres importantes puntos.


A visita ao líder tampouco cambiou o rumbo dun Filial que dos últimos 18 puntos só sumou 2. Un contraste con respecto aos 22 conseguidos sobre os primeiros 30. En ambas xeiras, unha constante: as numerosas baixas, esas que no tramo inicial o conxunto de Chipi soubo combatir, pero que na actualidade estanlle custando nos resultados. Ata o punto que, nunha competición moi igualada, os filialistas marcan o centro da táboa, situados a 3 puntos do terceiro puesto, que dá acceso ao PlayOff de ascenso, e con outros 3 sobre a zona de descenso.


Ante o Albense, duelo directo


Por mudar a dinámica, por volver a mirar cara arriba e porque a cercanía do rival define este partido como un duelo directo. Visita o Mourís un Piensos Durán Albense FS 6º con 26 puntos, un par máis que os brancos, nunha boa dinámica de dous triunfos consecutivos que os auparon na clasificación ata unha zona media-alta da clasificación que xa non queren abandonar.



Emisión en directo

O partido poderase seguir en directo e gratis, previo rexistro, a través de gs360play.com.


Árbitros

Álvaro Sobral Moreno e Ander Orbegozo Cantón.


Precedentes

·19 de outubro de 2024 | X6 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | ALB 7-3 NPA “B”


·16 de febreiro de 2025 | X21 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA “B” 3-4 ALB


·21 de setembro de 2025 | X2 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2025 | ALB 3-4 NPA “B”

Comments


bottom of page